Unha sesión de cinema na rúa, en Torneiros, pechará a programación "A praza non se apraza".

A Concellería de Cultura e Festas anuncia o cuarto e último evento da programación "A praza non se apraza, fin do confinamento" que terá lugar este domingo día 5,  ás 22,30 horas da noite.

Será unha sesión de cinema na rúa, en Torneiros. Proxectarase na traseira da igrexa de San Rosendo. Aforo, 100 persoas.

A película elixida é "O apóstolo", un film de animación en 3D, dirixido por Fernando Cortizo na que participan poñendo as súas voces, actores e actrices galegas tan sobranceiros como Luis Tosar, Xosé Manuel Oliveira "Pico", Carlos Blanco, Celso Bugallo, Isabel Blanco, Manuel Manquiña e colaboran artistas non galegos coma Héctor Alterio, Gabino Diego, Terele Pavez, Jorge Sanz, Geraldine Chaplin e Paul Naschy na que foi a súa última actuación antes de morrer.   

Entre os moitos galardóns acadados por esta película, subliñar os seis premios "Mestre Máteo" que obtivo en 2013, ano no que tamén estivo nomeada para os premios Goya.

Con este ciclo "A praza non se apraza", a Concellería que dirixe Cami Moreira quixo "amosar o agradecemento do Concello a veciñanza do Porriño que fixo máis levadío o tempo de confinamento a causa da pandemia". 

Dende o 13 de xuño, ofrecéronse dous concertos a cargo do grupo musical "KAF" e a actuación da pianista Ana Belén Rodríguez, en diferentes enclaves urbanos da vila, sen público. 

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos