A crise do COVID-19 converteu á incerteza nunha parte omnipresente nas nosas vidas. Non sabemos como vai ser a nosa realidade na próxima semana, e non falemos xa do próximo mes ou o vindeiro curso...
O goberno municipal coaligado PSOE-BNG que preside Eva García levará ao pleno ordinario de xuño, a proposta dunha operación de crédito extraordinario por importe de algo máis de 2,5 millóns de euros para pagos a proveedores e facturas pendentes do exercicio de 2019.
Baixo o lema "Por un Porriño Trans-Verso", o Concello celebrou o "Día do Orgullo LGTBIQ+".Cami Moreira, concelleira de Igualdade manifestou o seu orgullo de que "O Porriño se sumara un ano máis a esta celebración para que a igualdade de dereitos de todas e todos os cidadáns sexa cal fora a súa orientación afectiva e sexual ou identidade de xénero, sexa un compromiso de toda a sociedade".
A Alcaldesa Eva García presidiu este mediodía a presentación do programa de actos de celebración do "Dia do Orgullo LGTBIQ+" que comezará este serán e rematarán mañá domingo.
A alcaldesa Eva García presidiu a recepción ofrecida polo Concello do Porriño á Unión Deportiva Atios polo seu histórico ascenso a Terceira División, na que militará na vindeira tempada.
O colectivo de vendedores zamoranos volverá montar os seus postos no mercado ambulante do Porriño que polo tanto recuperará a plena normalidade. Despois dunha reunión solicitada polo colectivo na que expuxeron que o motivo fora un problema interno entre eles por desacordos cos emprazamentos dos postos, chegouse ao acordo de que o vindeiro martes 30 de xuño, volverán a instalarse. Tres representantes do colectivo acompañados por Luis León Salazar entrevistáronse cos concelleiros Sergio Casal, responsable de Comercio, David Alonso, de Servizos Sociais e Lourdes Moure, de Seguridade.
A Concellería de Cultura e Festas anuncia o terceiro concerto musical, sen público na rúa, do ciclo "A praza non se apraza". Será este sábado 27, ás 22 horas e, de novo, a cargo do grupo "KAF".
A alcaldesa, Eva Garcia e o concelleiro de Deportes, David Alonso xunto con outros membros da corporación, ofrecerán mañá sábado, ás 20 horas, no consistorio, unha recepción en homenaxe á Unión Deportiva Atios polo seu histórico ascenso á Terceira División de fútbol.
Mañá venres 26 están convocadas catro comisións informativas, preparatorias do pleno municipal que terá lugar o vindeiro martes 30. A sesión é a ordinaria de xuño que se adiou con motivo de que o mércores 24 fose festivo. As comisións convocadas serán as de Economía, Urbanismo, Parques e Limpeza, e Seguridade que terán lugar entre as 17 e as 18 horas. Entre os asuntos que se someterán á consideración dos grupos municipais figura a posible incorporación do Porriño ao Centro de Recollida de Animais (CAAN) dependente da Deputación Provincial e a modificación da ordenanza reguladora do estacionamento (Zona Azul). Tamén levase a comisión para informar previamente cara ao pleno, a aprobación inicial do crédito extraordinario 2/2020 para recoñecemento extraxudicial de facturas de exercicios anteriores por un importe superior aos dous millóns de euros.
A Concellería de Igualdade e a Oficina de Información Municipal Xuvenil (OMIX) anuncian a celebración polo Concello do Porriño do “Día do Orgullo LGTBIQ+” durante esta fin de semana, baixo o lema "Un Porriño Trans-verso". Cami Moreira, responsable da Concellería explicou que “estamos moi orgullosas de que o Concello do Porriño se sume á celebración do Día do Orgullo LGTBIQ+ para que a igualdade de dereitos de todas e todos os cidadáns sexa cal fora a súa orientación afectiva e sexual ou identidade de xénero, sexa un compromiso de toda a sociedade”, segundo manifestou a concelleira de Igualdade. Os actos comezarán este sábado 27, ás 12 horas, coa presentación do programa. A roda de prensa terá lugar no salón de plenos do Concello. Eva García, alcaldesa do Porriño presidirá a comparecencia que protagonizarán a concelleira Cami Moreira, o muralista “Doctoy” David Brey Vázquez e o poeta Samuel Merino. Os actos de celebración do Día do Orgullo continuarán sábado e domingo con diversas actuacións artísticas e musicais que se anunciarán na antedita comparecencia.
O vindeiro 28 de xuño é o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+Próximamente incluiremos toda a información sobre a programación preparada pola Concellería de Igualdade, que dirixe Cami Moreira, e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Porriño.
Sergio Casal, concelleiro de Comercio manifestou estar “satisfeito do resultado e ambiente que lle da á vila” a nova organización de espazos do mercado ambulante dos martes que se celebrou hoxe, por primeira vez despois de cen días polo estado de alarma. Tamén a alcaldesa Eva García resaltou que “a nova configuración do mercado dalle moita máis vida á zona peonil ao tempo que se respectan os protocolos sanitarios”. A alcaldesa, acompañada de Lourdes Moure, concelleira de Seguridade percorreu o mercado a mediodía para comprobar o resultado entre a veciñanza. O mercado ocupa unha franxa de aproximadamente un quilómetro entre San Sebastián e a praza do Concello coa ocasión da estrea da nova distribución. Os postos colocaronse tan só nunha beirarrúa o que permite ter espazo dabondo para que os peons poidan circular gardando as distancias de seguridade e ao mesmo tempo respectar as terrazas dos bares e os escaparates do comercio establecido. Cada posto ocupou un máximo de 6 metros lineais e gardaba unha unha distancia de 2 metros co seguinte. Os postos de venda de productos alimentarios e prantas instalaronse na rotonda de San Sebastián.Finalmente, montaronse a meirande parte dos 128 postos de venda autorizados e sinalizados. Sen embargo, unha parte de vendedores, do colectivo xitano decidiron non montar os seus postos en desacordo coa orde de asignación dos mesmos. Ao respecto, o concelleiro de Comercio manifestou que agarda que “ese sector de vendedores volva no Porriño”. Sergio Casal declarou que “lles pido que reflexionen e que comproben que a nova organización de espazos é do gusta da xente e que nos gustarían que todos estean no novo mercado ambulante dos martes”.