A Alcaldesa e a Concelleira de Igualdade reivindican un "Porriño Trans-verso" coa ocasión do "Día do Orgullo LGTBIQ+"

A Alcaldesa Eva García presidiu este mediodía a presentación do programa de actos de celebración do "Dia do Orgullo LGTBIQ+" que comezará este serán e rematarán mañá domingo.

Na roda de prensa, celebrada no salón de plenos, Cami Moreira, concelleira de Igualdade e responsable da organización, manifestouse "moi orgullosa de que o Concello do Porriño se sume un ano máis a esta celebración para que a igualdade de dereitos de todas e todos os cidadáns sexa cal fora a súa orientación afectiva e sexual ou identidade de xénero, sexa un compromiso de toda a sociedade”".

Explicou que a convocatoria baixo o lema "Por un Porriño transverso" pretende "enfatizar que sexamos diversos, que sexamos transparentes e translúcidos, mediante o xogo de palabras que se fai no cartel dos actos".

Pola súa banda, Eva García lembrou que dende a súa chegada á alcaldía do Porriño "decidimos poñer a bandeira no balcón principal do Concello marcando unha declaración de intencións".   A rexedora porriñesa valorou que "debemos estar orgullosos do camiño percorrido e dos dereitos temos acadado nestes anos aínda que tiña sido con moita dor". Eva Garcia citou que "aínda hoxe fai falla que alguén coma Pablo Alborán saia do armario para axudar a outros a que o fagan. O día que non sexa necesario, entón sí que teremos conquistada a igualdade". 

A alcaldesa advertiu que "aínda hai riscos de retrocesos". "Hoxe sabemos que hai grupos políticos que se suman ao discurso e a poñer a bandeira pero que non creen nel; tamén sabemos que estamos ante unha ameaza dos nosos dereitos por opcións políticas extremistas e retrógradas", indicou Garcia de la Torre.

Os actos continuarán este serán, se a meteoroloxía o permite, co inicio dunha intervención artística do muralista "Doctoy" na rampla de baixada á praza do Cristo. Ese mural rematarase mañá domingo ás 20 horas, intre no que haberá ademais un recital de poesía a cargo de Samuel Merino, Silvia Penas, Arancha Nogueira co acompañamento musical de Sanny Caster e Paraíso Canto (Gabi Reboredo, voz e percusións tradicionais e Martiño Malleiro, acordeón cromático e clarinete).

O colofón ao acto serán os discursos da concelleira de Igualdade e da alcaldesa.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos