B46B0655.jpg
As alcaldesas de Porriño, Mos, Salceda e Tomiño comprometéronse cos traballadores de "Maderas Iglesias" na procura de solucións
Seis dos concellos máis afectados pola crise de “Maderas Iglesias”, xa que teñen máis veciños entre os 148 traballadores, estiveron representados na xuntanza celebrada hoxe no Porriño co comité de persoal desa industria.
31cc7e5d-fbcd-4ba8-9e02-035a276852f9.jpg
Novas canastras laterais no Polideportivo Municipal
O Concelleiro de Deportes, David Alonso e o xefe do Servizo, Julio Bernárdez comprobaron a instalación no Polideportivo Municipal das novas canastras laterais xa que as anteriores estaban moi deterioradas.
B46B9706.jpg
Porriño acollerá mañá a xuntanza conxunta de concellos e comité de empresa de "Maderas Iglesias"
A alcaldesa, Eva García de la Torre presidirá mañá a reunión conxunta de representantes de concellos e comité de empresa de "Maderas Iglesias", convocada por iniciativa do goberno municipal do Porriño. A intención é facer unha fronte común dos concellos que demanden ao IGAPE e ao Conselleiro de Industria, unha solución para evitar o peche da factoría con 148 empregados, na súa meirande parte, mulleres.
Q55A2328.jpg
A concelleira de Educación reclama á Xunta de Galicia información clara e periódica sobre os contaxios de covid nos centros docentes do Porriño
Lourdes Moure, concelleira de Educación reclamou no nome do Concello do Porriño á Xunta de Galicia "información clara e periódica sobre os contaxios de covid nos centros docentes da vila". A concelleira expresou "o malestar fronte á Consellería de Sanidade pola falta de información que temos sobre a incidencia do Covid no concello e particularmente na parte que me toca, na comunidade educativa". Lourdes Moure lembrou que tivemos casos en dous centros, "Aceesca" e no CEIP "Fernández López" dos que "enterámonos de xeito extraoficial e a través de terceiros", engadiu a concelleira. Lourdes Moure manifestou que a súa Concellería tamén trasladará este malestar á FEGAMP para sumarnos aos demais concellos que tamén reclaman á Xunta de Galicia información diaria da incidencia do Covid nos nosos axuntamentos". Moure Varela lembrou que concellos como O Porriño "estamos a facer un esforzo orzamentario moi importante en asumir tarefas como a desinfección diaria de colexios e garderías aínda de que se trata dunha competencia impropia que asumimos pola seguridade dos nosos nenos e nenas", rematou.
PHOTO-2020-10-06-11-26-35.jpg
Acordo entre a Concellería de Vías e Obras e a AAVV Costeira-Mosende para mellora do local social
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Vías e Obras chegou a un acordo coa Asociación de Veciños de Costeira-Mosende para axudarlles a realizar unhas obras de mellora no local social desa entidade. Segundo acordou Lourdes Moure, concelleira de Vías e Obras con Jaime Domínguez, presidente da devandita asociación nunha recente reunión, o Concello non pode realizar de xeito directo esa obra xa que non é titular do local social polo que realizará unha achega á AAVV. O departamento de Vías e Obras do Concello achegará material de obra valorado en 7.000 € e ademais prestará apoio coa maquinaria que poidan solicitar para a execución.
B46B0558.jpg
Xuntanza informativa cos veciños de Liboreira (Covelo-Atios) para acometida do saneamento
A Concellería de Vías e Obras que dirixe Lourdes Moure mantivo unha xuntanza informativa con veciños do lugar de Liboreira-Covelo-Atios coa ocasión da acometida á rede de saneamento nun tramo no que hai preto de vinte vivendas.
Obradoiro-de-Vimbios.jpg
Obradoiros de vimbios: comezarán o vindeiro sábado 10 e requiren inscrición previa
A Concellería de Cultura anuncia a celebración de obradoiros de vimbios que impartirá Julia de la Cal.
PHOTO-2020-10-05-17-00-58.jpg
Policía Local e Garda Civil interceptaron unha operación de compra venda de marihuana no Porriño que rematou con 4 detidos
Policía Local do Porriño e Garda Civil impediron una operación de compra venda de dous quilos de marihuana e detiveron a catro persoas en relación con estes feitos. Tamén os axentes interviñeron preto de 7.000 euros en efectivo.A transacción impedida polo operativo policial tiña lugar en Porriño. Detivéronse aos compradores, dous veciños de Portugal e aos dous responsables da venda, veciños do Porriño e Madrid.As investigacións, coordinadas pola Garda Civil, iniciáronse a mediados de setembro por mor dunha alerta cidadá informando dun posible punto de venda de marihuana nunha parroquia do municipio porriñés, segundo informou a Subdelegación do Goberno.As pescudas, que se desenvolveron coa colaboración de varios compoñentes da Policía Local porriñesa, deron o seu froito a semana pasada cando se intercepta un vehículo con placas de matrícula portuguesas, que acaba de realizar unha compra de marihuana na mesma parroquia do Porriño.Garda Civil e Policía Local do Porriño outorgan unha importancia sobranceira á colaboración cidadá que facilitou o traballo de investigación dos corpos policiais.
B46B0247.jpg
O Porriño celebrou a XXVII Festa dos Callos
Preto de trinta establecementos do Porriño participaron na 27ª edición da Festa dos Callos que se celebrou este domingo. Segundo acordaron establecementos e organizadores, cun novo prezo único, de 6 euros que incluía ración de callos, pan e a cazola conmemorativa.
Jose-Manuel-Forno-de-Mosende.jpg
Unha campaña de promoción do produto local escolle a José Manuel Fernández, de "O Forno de Mosende" e o Pan do Porriño, como reclamo de calidade
A campaña “Parte de ti”, promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural do que forma parte o Concello do Porriño, pon en valor o produto local, baseado nas historias persoais de alguén, como José Manuel Fernández, de “O Forno de Mosende”, que elabora o noso pan porriñés de xeito tradicional.
Sala-de-Estudio-de-Porrino-logo.jpg
Novo horario da Sala de Estudo Municipal que tamén abrirá de tarde
A Sala de Estudo Municipal, habilitada no Centro Cívico, vén de ampliar o seu horario de apertura: de 8:30 a 14:00 h. e de 15:00 a 20:30 h., de luns a venres, e coas garantías de seguridade sanitaria oportunas pola COVID-19, segundo anunciou hoxe Cami Moreira, concelleira de Cultura.
B46B8432.jpg
Unha avaría na central de "Movistar" no Porriño afecta ás liñas telefónicas fixas de 1.300 clientes. Entre eles, as oficinas do Concello
Unha avaría telefónica na central "Movistar" en Porriño, situada no edificio que esta empresa ten na praza do Cristo, afecta a 1.300 subscritores de liña fixa. Entre os afectados está o Concello do Porriño, que desde o xoves está sen servizo de telefonía fixa nas oficinas do concello.Segundo "Movistar", a falla xurdiu á unha da tarde de onte e esta mañá aínda estaba sen resolver.