Hoxe instaláronse os novos postes das bandeiras no balcón principal do Concello do Porriño. Retiráronse os anteriores, de madeira, que databan da época de Xosé Manuel Barros como alcalde, que estaban moi deteriorados. Substituíronse por outros de aceiro inoxidable que dignifican o aspecto da casa consistorial, obra de Antonio Palacios, precisamente no día no que se conmemora o 75 aniversario. da morte do arquitecto porriñés.
A sesión plenaria ordinaria que celebrará este mércores a corporación porriñesa será telemática, en aplicación dos protocolos anti-covid, segundo decidiron a alcaldesa e os voceiros dos grupos políticos municipais.
O Concello do Porriño celebrará esta tarde tres comisións municipais informativas como preparación para o próximo pleno ordinario corporativo que terá lugar o mércores 28.As tres comisións que se desenvolverán a partir das 19:00 horas serán telemáticas, a través da sede electrónica.A primeira comisión será a de Economía e Facenda, que abordará a modificación do IBI (Imposto sobre Bens Inmobles) e do ICIO (Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras).Seguiralle a comisión de Urbanismo e Medio Ambiente que informará sobre a aprobación definitiva da nova ordenanza que regula as terrazas, entre outros asuntos. Tamén tratará da actualización da ordenanza medioambiental reguladora de ruidos.A última comisión da tarde será a de Servizos Sociais e Igualdade, que tratará a proposta dun manifesto e concentración institucional que se celebrará o 25 de novembro para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.
O concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso con voluntarios e persoal de Protección Civil iniciou esta mañá a distribución de caixas de alimentos entre as familias en emerxencia social do concello que reciben axuda a través de "SOS Porriño".Na actualidade 430 familias, practicamente 1.300 persoas, precisan da axuda mensual prestada polo Concello a través de "SOS Porriño".A gran novidade é que a partir deste mes lévase a cabo na casa para evitar as aglomeracións que se produciron diante da sede do Banco de Alimentos.Ao longo de hoxe os 50 primeiros lotes repartiranse entre familias de Torneiros, Chenlo, Atios, Mosende, Budiño e na zona urbana de Porriño.
O Porriño abandonou hoxe a relación de concellos galegos en nivel vermello ou máximo de contaxios na que entrara onte. O concello porriñés baixou ao nivel laranxa, segundo informa a autoridade sanitaria.
Concello do Porriño e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade valoraron a creación dunha Comisión Municipal de Accesibilidade. Sería un órgano participado polos grupos políticos da corporación e COGAMI. Foi un dos asuntos tratados, na reunión celebrada hoxe no Concello, presidida pola alcaldesa Eva García, coa asistencia do concelleiro de Asuntos Sociais, David Alonso, así como de Anxo Queiruga, presidente de COGAMI que asistiu acompañado de Celso Álvarez e Isra Mercader.
O Porriño entrou hoxe en alerta vermella (nivel 3) segundo publica o mapa que diariamente difunde o Servizo Galego da Saúde. O Porriño aparece en nivel de alerta 3 por ter máis de 21 casos de covid activos nos últimos 7 días. Despois de coñecer este dato, de xeito extraoficial, a alcaldesa Eva García contactou coa Consellería de Sanidade que lle informou que hoxe hai 26 casos activos de infectados por covid no termo municipal. A alcaldesa declarou que “a actitude da Xunta de Galicia prodúcenos preocupación e angustia porque carecemos dunha información directa e periódica”. A rexedora sinalou que a Xunta de Galicia “comportase cos concellos con desconfianza o que causa prexuízo aos cidadáns por que produce que reaccionemos tarde”. A alcaldesa avisou á veciñanza que “teremos que adoptar medidas duras e incomodas que non gustarán pero son polo ben común” e pediu que “todos os porriñeses e porriñesas cumpran cos protocolos de distancia e protección para evitar a propagación do virus”.
A Alcaldía comunica que compre adoptar una serie de medidas complementarias no ámbito municipal á vista do crecemento dos contaxios por covid-19 que motivaron que dende hoxe, O Porriño estea en alerta vermella. O Porriño cun total de 26 contaxios activos, entrou en nivel 3 polo que o goberno municipal, tras unha reunión de urxencia, resolveu as seguintes disposicións:
A Alcaldía e a Concellería de Deportes do Porriño comunican a decisión de prohibir o acceso de público aos eventos deportivos que se celebren en recintos pechados como o Polideportivo Municipal así como tamén nas instalacións ao aire libre, incluídos os campos de futbol.
78 solicitudes presentáronse para acceder as axudas que prestará o Concello para autónomos, pequenas e medianas empresas e micro empresas do Porriño afectadas pola crise derivada da pandemia sanitaria. O prazo de presentación de solicitudes comezou o martes 29 de setembro e rematou onte martes 20 de outubro, segundo informou a Alcaldía.