cementerio-de-porrino.jpg
Bando da Alcaldía recomendando responsabilidade nos cemiterios e evitar aglomeracións
Ante as inminentes datas de Defuntos e Todos os Santos, a Concellería de Cemiterios insta á veciñanza a que eviten aglomeracións e acudan con antelación dabondo e manteñan as debidas precaucións e protocolos anti-covid.  
PHOTO-2020-10-19-10-45-11.jpg
Catro técnicos para reforzo en "Porremprego"
Catro novos contratados laborais veñen de incorporarse nestes días as oficinas de "Porremprego", segundo informa a Concellería de Emprego que dirixe David Alonso. Trátase de dous orientadores laborais, un técnico de emprego e unha traballadora social. Prestarán servizo durante doce meses. Os seus contratos están subvencionados pola Deputación Provincial con cargo ao programa "O teu primeiro emprego".
Concello-de-Porrino-panoramica-gran-angular.jpg
O Concello aprobou a Conta Xeral de 2019
A corporación municipal aprobou por maioría a Conta Xeral do Concello do Porriño do exercicio de 2019, nunha sesión extraordinaria telemática celebrada esta tarde.A aprobación acadouse cos 9 votos que sumaron PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera (UDDL). Previamente desestimáronse as alegacións presentadas polo Partido Popular e por un particular.A aprobación da Conta Xeral é un trámite de obrigado cumprimento ao remate de cada exercicio por parte das administracións municipais cun informe sobre a súa situación patrimonial; gastos e ingresos , e grao de execución orzamentaria.Na mesma sesión aprobouse definitivamente cos nove votos favorables de PSOE, BNG, EU Son e UDDL e as abstencións dos concelleiros do PP, o suplemento de crédito 2/2020 por importe de 326.000 € para diversos pagamentos xa recoñecidos.
Policia-Local-de-Porriño-cartel.jpg
A Policía Local esclarece un roubo nunha lavandería e identifica ao presunto autor
A Policía Local do Porriño pechou a investigación para esclarecer un delito contra o patrimonio e entregou o atestado coas dilixencias no Xulgado de Garda desta vila. As pescudas policiais determinaron que o presunto autor é un veciño de Sanguiñeda, J.V.M., de 30 anos de idade e con numerosos antecedentes. A súa identificación acadouse a través das imaxes gravadas polas cámaras de seguridade do establecemento, unha lavandería de auto-servizo, sita na avenida Buenos Aires, onde o presunto autor colleu un televisor de pantalla plana valorado en 289 €. Dous días despois do roubo, o presunto autor fora identificado por un dos axentes policiais levando a mesma roupa que vestía na data de autos e que aparece nas imaxes gravadas polas cámaras de seguridade.
pleno-municipal-telematico-Porrino-27-mayo-2020.png
Porriño decide facer o vindeiro pleno en liña
A corporación local do Porriño celebrará o vindeiro luns 19, unha sesión plenaria telemática, segundo decidiu a Alcaldía despois de consultar cos voceiros de todos os grupos municipais. Durante o estado de alarma, a corporación porriñesa xa fixera o pleno do 27 de maio de xeito telemática.
IMG_3329.jpg
Entrou en vigor a modificación da ORA ("zona azul") na contorna do Mercado
O Concello e a Policía Local do Porriño informan de que entrou en vigor a modificación da ordenanza reguladora de aparcamentos (ORA), segundo o acordo acadado polo pleno da corporación municipal do Porriño o pasado 30 de xuño e unha vez cumprimentados os prazos legais de alegacións e publicidade. As dúas principais novidades desta modificación son a contía das sancións e o límite de tempo de estacionamento.A principal causa pola que se acometera esta modificación da ordenanza foi a limitación do tempo de aparcamento. Deste xeito aténdese unha reclamación da veciñanza pola escaseza de aparcamento na zona da Praza de Abastos e a gran demanda de prazas de estacionamento que se require para a atender o comercio.A Concellería de Seguridade atendeu esta petición en aras de dinamizar ao Mercado e o comercio local e dar unha solución ao problema de circulación. Promulgou a modificación da ordenanza que regula o estacionamento, contando co informe da Policía Local, entendendo que na zona do entorno da praza de abastos, debese axilizar a circulación rodada. Por estas razóns, limítase o estacionamento dos vehículos a 45 minutos ( e non de hora e media como antes) considerando ese tempo como dabondo para realizar as compras no mercado e no comercio local.No que atinxe ás multas por infracción da ordenanza, actualizase ao establecido polas leis de trafico. Polo tanto haberá unha redución do 50% se o pagamento da sanción se fixera efectivo no prazo de 20 días naturais. O importe das sancións non se incrementou. Sanción de 36 € por modificar a hora de chegada despois do estacionamento; e sancións de 24 € por falta de disco ou comprobante; superar o límite horario; estacionar de novo na mesma rúa ou praza sen que transcorreran dúas horas; ou ocupar dúas prazas de estacionamento.As prazas destinadas a persoas con dificultades de mobilidade manterán o tempo de estacionamento de tres horas.Por conseguinte, os sinais informativos serán cambiados para recoller estas novidades.
IMG_3339.jpg
O "Pinta Muros" continúa o seu periplo polos centros docentes do Porriño
A actividade “O Pinta Muros” que promove o Concello do Porriño, a través da OMIX, segue o seu percorrido polos colexios e institutos do termo municipal. Hoxe fixo escala no CEIP de Atios onde os escolares pintaron un mural colaborativo co nome do centro docente nunha das paredes na zona dos patios que estaba moi deteriorada.
IMG_3318.jpg
A pista 2 do Polideportivo Municipal estrea nova imaxe
A pista 2 do Polideportivo Municipal, unha vez rematadas as obras de lixado, arranxo e colocación da nova superficie de madeira para concluír a reparación dos danos ocasionados polas inundacións do 1 de xuño, estrea nova imaxe co pintado das liñas da cancha en cor morada.
Aida-Valino-campeona-elite-de-Galicia-y-Chus-Barros-subcampeona.jpg
Aida Valiño, do equipo "Louriña Cycling Team", encabeza os éxitos deportivos dos nosos clubs no Campionato Galego de Contra Reloxo 2020
A triatleta Aida Valiño, flamante fichaxe do novo equipo ciclista porriñés "Louriña Cycling Team", produto da fusión entre "Máster da Louriña" e "A.D. Avanza", proclamouse campioa galega de contra reloxo individual 2020, na categoría elite. Cun crono de 19:36, Aida amosou a súa calidade. Hai que ter en conta que volveu á competición xa que estivo aleixada do ciclismo nestes últimos anos despois da súa maternidade e de sufrir dous accidentes de tráfico cando adestraba.
coches-Policia-Local-Porriño.jpg
A Policía Local rescata a un veciño maior que camiñaba desorientado pola Autovía
A Policía Local localizou a un home de 85 anos de idade, veciño de O Porriño, que circulaba a pé pola Autovía A-52, onte luns, ás 13,40 horas. A través do 112, recibiuse aviso de que un varón, de idade avanzada, camiñaba pola Autovía en dirección Vigo e que corría serio risco. Os axentes que se desprazaron atopárono camiñando á altura do punto quilométrico 306 comprobando que se trataba dunha persoa maior que ten problemas de demencia, procedendo ao seu traslado e entrega a súa familia que xa estaba a buscalo.Aínda que o ámbito de actuación das Policías Locais no eido do tráfico restrínxese ás zonas urbanas, non é a primeira vez que axentes do Porriño acoden a atender estas situacións en vías interurbanas, como aconteceu o pasado 5 de setembro deste ano, cun home de 80 anos, tamén veciño porriñés, que sen ningún tipo de roupa reflectante camiñaba pola autovía A-55.Neste senso, dende a Concellería de Seguridade que dirixe Lourdes Moure, fai un chamamento á colaboración da veciñanza para que dean aviso á Policía Local do Porriño que dispón dunha contrastada capacidade de resposta operativa non superior a tres minutos ante calquera urxencia.
logo-aceesca.png
O Concello apoia a candidatura de "Aceesca" no programa "Xuntos Sumamos"
A alcaldesa, Eva García de la Torre expresou o apoio do Concello do Porriño á candidatura da asociación "ACEESCA" á convocatoria do programa "Xuntos Sumamos" que realiza "Ferrovial".
Pedro-Pereira.jpg
O concelleiro de Infraestruturas convoca aos veciños da rúa Aloques para informarlles do plan de obra
Pedro Pereira, concelleiro de Infraestruturas convoca aos veciños da rúa Aloques a unha xunta informativa que terá lugar o vindeiro martes día 13, ás 19 horas, no salón de sesións do Concello. Trátase de informarlles sobre o plan de obra para executar o proxecto de humanización da devandita rúa.