PHOTO-2020-11-01-13-35-17.jpg
Despregue da Policía Local e dos servizos de limpeza nos cemiterios coa ocasión do Día de Todos os Santos
Axentes da Policía Local encargáronse de vixiar o cumprimento da normativa autonómica nas visitas aos cemiterios da vila coa ocasión do Día de Todos os Santos
concurso-logotipos-para-Instagram-del-Consello-da-Xuventude.jpg
O Consello Municipal da Infancia e Adolescencia do Porriño estrea o seu propio perfil en Instagram
O obxectivo é ofrecer unha nova canle de comunicación coa poboación máis nova do concello e darlle maior visibilidade ao traballo realizado polo Consello Municipal da Infancia e da Adolescencia do Porriño que é un órgano de participación que ven funcionando nesta vila mesmo antes do seu recoñecemento como "Cidade amiga da infancia" por parte de UNICEF, dende 2018.
mapa-30-de-octubre-.png
O Porriño segue en alerta vermella por sexto día consecutivo. O noso concello non está afectado polas novas restricións que acaba de comunicar a Xunta de Galicia.
O Porriño segue en alerta vermella polo número de contaxios activos de Covid. Por sexto día consecutivo O Porriño manténse nesa relación segundo aparece no mapa actualizado do Servizo Galego de Saúde cos datos ata 18 horas de onte xoves.
Exposicion_calacus.jpg
Exposición dos calacús de Samaín decorados por nenos e nenas do Porriño
A Concellería de Educación e a OMIX do Porriño, coa ocasión do Samaín  anuncia que mañá sábado exporanse na rúas e nos arredores da Casa Consistorial, as cabazas decoradas por escolares de Primaria dos colexios do Porriño.
Cementerio-Municipal-Porrino-2.jpg
A Policía Local vixiará polo cumprimento dos protocolos anti-Covid nos cemiterios do Porriño
O Concello, a través da Concellería de Seguridade, anuncia que coa ocasión da festividade do 1 de novembro, Día de Todos os Santos haberá un despregue da Policía Local en todos os cemiterios do Porriño. Segundo indicou Lourdes Moure, a concelleira responsable, haberá un policía no acceso a cada un dos cemiterios, tanto no municipal de O Porriño como nos das respectivas parroquias.
IMG_3805.jpg
O IES Ribeira do Louro acolleu unha acción polo clima do programa "DepoRúARTE"
A alcaldesa Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure compartiron visita con Olga García, deputada delegada de Cohesión Social, ao Instituto de Ensino Secundario Ribeira do Louro onde presenciaron o resultado final dunha "Acción polo Clima" realizada por alumnos e alumnas.
IMG_3838.jpg
A alcaldesa e o concelleiro de Deportes participaron en sendas reunións telemáticas sobre a Volta Ciclista a España e o Camiño de Santiago
Eva García, alcaldesa de O Porriño participou este mediodía, xunto con outros alcaldes e alcaldesas de concellos da ruta xacobea, nunha reunión telemática coa presidenta da Deputación. Tratouse dunha reunión da Mesa Provincial do Camiño na que Carmela Silva explicou aos responsables municipais as diferentes iniciativas que a Deputación está a desenvolver para pór en valor este itinerario cultura como un eixe estratéxico da estratexia turística de O Porriño e demais concellos do Camiño.
Mapa-28-de-Octubre.png
Non hai cambios, O Porriño segue en alerta vermella no mapa do Sergas
O Porriño é un dos dezaoito concellos da provincia de Pontevedra e preto de 40 de Galicia que se atopan no nivel 3 ou alerta vermella por número de infectados por Covid en relación a súa poboación. Por cuarto día consecutivo, O Porriño aparece no mapa de alertas do coronavirus que publica o Servizo Galego de Saúde na súa páxina web.
IMG_20201026_110704-1.jpg
Limitadas a catro persoas do mesmo grupo familiar e a 30 minutos de duración, as visitas aos cemiterios, segundo a normativa da Xunta
O Concello do Porriño informa á veciñanza da normativa decidida pola Xunta de Galicia que será de aplicación ás visitas aos cemiterios coa ocasión da festividade de Todos os Santos e Defuntos.
IMG_3812.jpg
A Consellería de Sanidade recoñece á alcaldesa Eva García que O Porriño acadou 46 positivos por Covid
A alcaldesa de O Porriño, Eva García considera que a situación sanitaria do Porriño polo número de infectados por Covid "é verdadeiramente preocupante", segundo valorou despois de recibir este mediodía datos concretos sobre a incidencia actual da pandemia no concello. O número de persoas infectadas ata onte é de 46 das que 19 son contaxios acaecidos entre o luns (12) e martes (7).
IMG_3752.jpg
O Porriño segue por terceiro día consecutivo en alerta vermella
O Porriño segue hoxe martes 27 na relación de concellos de Galicia en alerta vermella ou nivel 3 por número de contaxios en función da súa poboación, segundo publica hoxe o mapa de situación do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Os datos están actualizados ata as 18 horas de onte luns. Aínda que a autoridade sanitaria segue sen informar directamente aos concellos do número exactos de casos positivos, na web subliñase que O Porriño está en alerta vermella por ter máis de 21 casos diagnosticados. Precisamente hoxe non se celebrou o mercado ambulante por decisión do goberno municipal. Foi unha das restricións que se decidiron dende o pasado xoves 22 e que se manteñen.
IMG_3763.jpg
Cunha ofrenda floral comezaron hoxe os actos do "Ano Arquitecto Antonio Palacios"
Coa colocación dunha coroa de dalias brancas e loureiro no cemiterio municipal, o Concello do Porriño comezou os actos do "Ano Arquitecto Antonio Palacios" coa ocasión do 75 aniversario do seu pasamento que se cumpre hoxe o 27 de outubro.