A alcaldesa Eva Garcia recibiu hoxe, a primeira hora da mañá ao ministro de Sanidade do Goberno de España, Salvador Illa que acudiu a visitar as instalacións da factoría "Biofabri" do grupo empresarial "Zendal", sita en Torneiros. O ministro manifestou que tiña un especial interese en coñecer o traballo que está a desenvolver para a fabricación dunha das vacinas contra a Covid que xa está en pleno proceso de fabricación.
A organización de carreira situou na Avenida Antonio Palacios o quilómetro cero da decimoquinta etapa da Volta Ciclista a España.Ao seu carón, O Porriño reivindicou esa condición cunha pancarta.
O Concello do Porriño informa que HOXE MÉRCORES 4 de novembro, a partir das 23.30 horas terá lugar un corte no subministro de auga que afectará a toda a parroquia de TORNEIROS.Trátase da reparación dunha avaría na rede principal de abastecemento, segundo informan os servizos técnicos municipais.A previsión é que o corte de auga durará ata as 4 da madrugada do xoves 5.Rogamos desculpen as molestias.
O Concello do Porriño informa que HOXE MÉRCORES 4 de novembro, a partir das 23.30 horas terá lugar un corte no subministro de auga que afectará a toda a parroquia de TORNEIROS.Trátase da reparación dunha avaría na rede principal de abastecemento, segundo informan os servizos técnicos municipais.A previsión é que o corte de auga durará ata as 4 da madrugada do xoves 5.Rogamos desculpen as molestias.
O Concello do Porriño anuncia que decidiu desconvocar a concentración de protesta que ía celebrarse o xoves 12 na Vaquería ante o anuncio da Xunta de Galicia de que o luns 16 informará sobre o proxecto de reforma e mellora da seguridade viaria desa travesía.Este mediodía, recibiuse no Concello a chamada da Axencia Galega de Infraestruturas indicando que o seu director xeral, Francisco Menéndez recibirá o luns 16, ás 10 horas a Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde e responsable municipal de infraestruturas. Trátase da entrevista solicitada e varias veces reiterada por parte municipal para coñecer o estado do proxecto comprometido hai meses pola administración autonómica.En consecuencia, o Concello ven de comunicar á Subdelegación do Goberno a desconvocatoria da concentración para a que tiña solicitada autorización.
A actividade nomeada “Valores que deixan pegada”, promovida pola Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño, comezará hoxe martes a desenvolverse polos centros docentes da vila ata o 12 de novembro.Esta actividade dirixise ao alumnado de educación infantil e primaria, cunha previsión de 400 nenos e nenas participantes entre os seguintes centros escolares: CEIP Antonio Palacios, CEIP Atios, CEIP Cruz Budiño, CEIP Mosende, CEIP Ribeira, CEIP Xosé Fernández López, CPR Hermanos Quiroga e CPR Santo Tomás.O obxectivo xeral desta actividade é trasladar os beneficios que achegan os animais a contornos escolares, coa finalidade de traballar de forma transversal a educación en valores e a posesión responsable de mascotas, con obradoiros específicos orientados a este fin.
A Alcaldesa Eva García decidiu adiar para mañá mércores a reunión telemática que manterá a Comisión Municipal de Seguimento do Covid, á espera do que decida e comunique a Consellería de Sanidade esta tarde. A Consellería celebrará a partir das 18 horas, a reunión co comité científico que lles asesora e despois informará das decisións que se adopten e que poderían afectar ao Porriño, no que atinxe á área sanitaria de Vigo.
O goberno municipal de Porriño e a veciñanza de A Vaqueria acordaron convocar unha concentración de protesta para demandar á Xunta de Galicia o proxecto pendente de reforma da travesía da estrada PO-510 ao seu paso por este barrio de Budiño.
A Concellería de Novas Tecnoloxías comunica que a Aula CEMIT do Concello do Porriño xa está aberta ao público nas instalacións do Multiusos Municipal de Torneiros.
A alcaldesa asinou este mediodía a convocatoria da Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do Covid que terá lugar mañá martes 3 de novembro, ás 13 horas. Forman a devandita comisión a alcaldesa e os cinco concelleiros do goberno local; os voceiros de PP, EU SON e UDDL, o Inspector Xefe da Policía Local, o responsable da Agrupación de Protección Civil e o secretario municipal.
Deixamos unha selección de imaxes da exposición de cabazas decoradas por escolares de Primaria dos colexios do Porriño coa ocasión do Samaín, iniciativa promovida pola Concellería de Educación e a OMIX.