A concelleira de Educación Lourdes Moure fixo entrega hoxe dunha partida de 1.500 máscaras de protección a distribuir entre centros de ensino da vila. Directores e representantes dos colexios Fernández López, Antonio Palacios, Atios, Ribeira, Budiño, Santo Tomás e Hermanos Quiroga; do centro de Aceesca e dos institutos Pino Manso e Ribeira do Louro acudiron ao salón de sesións do Concello onde fíxose a entrega.
O Concello do Porriño comeza a partir de hoxe xoves, 1 de outubro, a realizar as desinfeccións diarias dos colexios públicos e das dúas escolas infantís segundo os protocolos anti-covid. Trátase dunha competencia impropia que o Concello realiza pero que non lle corresponde. De xeito que, como outros concellos limítrofes (Gondomar ou Nigrán), realizase polo axuntamento que despois facturará os gastos á Xunta de Galicia que é a administración que ten esa competencia. A Concellería de Educación que dirixe Lourdes Moure decidiu asumir esas tarefas de desinfección “xa que ante todo, os nenos e nenas son porriñeses e o Concello non vai permitir que estean en situacións de risco”, manifestou. A tal fin, realizouse un contrato menor para que unha empresa, “Limpezas Cíes”, faga a diario esas desinfeccións nas zonas comúns dos colexios públicos e da escola unitaria de Mosende así como nas “Galiñas Azuis” de Torneiros e rúa Doantes de Sangue. A vixencia do contrato é ata mediados de decembro, ata que comecen as vacacións de Nadal nos centros de ensino.
Os voceiros e concelleiros dos grupos políticos da corporación local do Porriño acordaron por unanimidade apoiar coa súa presencia a manifestación que hoxe realizarán os traballadores de “Maderas Iglesias”.
O vindeiro xoves 8 de outubro, o Concello do Porriño acollerá unha xuntanza de alcaldes e alcaldesas dos 16 concellos que teñen entre os seus veciños, traballadores afectados polo risco de peche da empresa “Maderas Iglesias”. Reuniranse co comité de persoal da factoría que actualmente ten 148 operarios, na súa meirande parte mulleres.
A Concellería de Cultura e Festexos informa dun cambio de emprazamento do espectáculo de danza de Anxela Blanco que está previsto para este sábado 3 de outubro. Non se celebrará na Praza do Cristo senón que terá lugar no Centro Cultural Municipal, á vista das previsións de choiva para o sábado. Este cambio supón unha adaptación a un espazo interior polo que non se representará o que estaba previsto inicialmente, chamado ‘Voo’, senón outro de nova creación nomeado ‘Chove’”, anuncia a Concellería que dirixe Cami Moreira. O cambio de recinto supón tamén un aforo restrinxido (75 espectadores) con entrada libre e de balde ata completar ese aforo, polos protocolos anti-covid. A duración do evento será de 30 minutos.
O Concello do Porriño acometerá o arranxo do valado e mellora da sinalización horizontal e vertical no cruce da ponte do acceso norte ao Polígono das Gándaras onde sucederon varios accidentes de tráfico con vehículos que caeron sobre a vía ferroviaria.
Hoxe luns 28, festivo local no Porriño, a programación das Festas do Cristo ofrecerá un espectáculo musical que mesturará a ópera coas artes urbanas como o break dance e os dj’s. O espectáculo que comezará ás 18 h. na praza do Concello, cun aforo reducido, está producido por “Vella Escola”. O seu responsable, Pablo Castiñeira explicou que na posta en escena “sumaremos o talento operístico da soprano Esperanza Mara cos bailaríns Bboy Serlli e Pol Rock e co DJ Mil”. “Trátase dunha fórmula nova que coido que é un formato que debemos promover pois estas novas formas de espectáculo pretenden acercar a ópera e as artes urbanas a outros públicos”, manifestou Cami Moreira, concelleira de Festas y Cultura. “Pretendemos quitar ese aire de que a ópera é un espectáculo para adultos e elitista, cando realmente é unha manifestación musical que pode conxugar moi ben coa arte urbana. Ofreceremos unha fusión entre contar unha historia en formato operístico apoiado con bailes de cultura urbana cun resultado espectacular”, engadiu a concelleira de Festas e Cultura.
A Concellería de Cultura e Festexos decidiu adiar sine die a actuación da banda "Os Bregadiers" prevista para o domingo 27, á vista das previsions climatolóxicas. Deixamos ligazón coa páxina web de Cultura.
O Concello do Porriño informa que hoxe venres 25, o Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) publica as bases e convocatoria para a concesión das axudas extraordinarias pola crise sanitaria provocada pola pandemia.
Unha achega de 3.000 unidades de máscaras de protección enviadas polo Goberno de España segundo o acordo acadado coa FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias), chegaron hoxe ao Concello do Porriño.