Banner-oporrino_org_FESTAS-DO-CRISTO-2020.jpg
Programación das Festas do Cristo 2020: Cambios debido ás previsións climatolóxicas
A Concellería de Cultura e Festexos ven de decidir unha serie de modificacións na programación das Festas do Cristo 2020 para hoxe e vindeiros días debido ás previsións climatolóxicas adversas.
Fachada-Concello-de-Porriño.jpg
O Concello difunde as bases e convocatoria para a concesión de axudas extraordinarias a traballadores autónomos, pequenas e medianas empresas e micro empresas do Porriño afectadas pola crise sanitaria
O Concello do Porriño difunde as bases e convocatoria para a concesión de axudas extraordinarias pola crise sanitaria provocada pola pandemia do Covid-19. Traballadores autónomos, micro empresas e pequenas e medianas empresas do Porriño serán as destinatarias destas axudas con cargo a un fondo de 100.000 euros, segundo acordo da corporación municipal. As bases e convocatoria serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO). O día seguinte hábil despois da publicación, comezará o prazo de presentación de solicitudes.Deixamos ligazón co documento coas bases, convocatoria e formularios.
B46B7583.jpg
José Luis Baños de Cos, gañador do III "Premio Roberto Vidal Bolaño" instituido polo Concello do Porriño, Editorial Galaxia e o IES Ribeira do Louro
José Luis Baños de Cos é o ganador da terceira edición do premio literario “Roberto Vidal Bolaño”, coa obra titulada “A cámara escura”. O galardón instituído polo Concello do Porriño, a Editorial Galaxia e o IES Ribeira do Louro entregouse hoxe pola alcaldesa Eva García nun acto condicionado polos protocolos anti-covid, celebrado no salón de sesión do consistorio porriñés coa asistencia do galardoado.
PHOTO-2020-09-22-05-51-25.jpg
A Policía Local colaborou coa Garda Civil na detención do presunto responsable dunha plantación de marihuana nun espazo da Rede Natura
A Policía Local do Porriño colaborou coa Garda Civil na detención do presunto responsable da plantación de marihuana localizada hai un par de semanas nun espazo da Rede Natura 2000, dentro do termo municipal porriñés.
III-Premio-Roberto-Vidal-Bolaño-2020.jpg
O Concello acollerá o acto de entrega do III Premio Roberto Vidal Bolaño
A Alcaldesa Eva García de la Torre presidirá este mércores 23 de setembro o acto de entrega do premio literario “Roberto Vidal Bolaño” 2020 que terá lugar a mediodía no salón de plenos do Concello do Porriño.
639824da-b6d9-4d99-9e79-afe080dc51ef.jpg
A Alcaldesa asistiu á comisión de seguimento da área de transporte metropolitano
A Alcaldesa Eva García de la Torre participou hoxe nunha xuntaza da Comisión de Seguimento da área de Transporte Metropolitano de Vigo convocada pola delegación territorial da Xunta.
Obradoiro-Coxegas-4.jpg
Festas do Cristo 2020: Obradoiro de animación
Deixamos unha galería de imaxes do obradoiro de animación que onte domingo ofreceuse na praza Arquitecto Antonio Palacios, a cargo de "Cóxegas". 
Final-Improvisdados.jpg
"O Ras" gañou a primeira edición da Batalla de Debuxantes "Improvisdado"
O artista alcumado “O Ras”, de Pontevedra, foi o gañador desta primeira edición da Batalla de Debuxantes “ImprovisDado”, unha novidade no programa das Festas do Cristo 2020.
IMG_2263.jpg
Eva García insta por carta a 15 alcaldes e alcaldesas de concellos afectados pola crise de "Maderas Iglesias" a formar unha fronte común
Hoxe saíron as quince cartas que Eva García de la Torre dirixe aos seus homólogos nas alcaldías dos concellos tamén afectados, coma O Porriño, pola crise da empresa “Maderas Iglesias”, localizada no polígono industrial das Gándaras. A rexedora porriñesa insta a formar “unha fronte común que acade protexer o futuro económico dos traballadores cos mecanismos que conta a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria”. Eva García expresa na súa misiva “considero que un grupo institucional de alcaldes e alcaldesas teremos a fortaleza para chegar ao máis alto da administración autonómica”. As cartas dirixíronse aos alcaldes e alcaldesas de Salvaterra, Ponteareas, Mos, Vigo, Salceda de Caselas, Tui, As Neves, Redondela, Tomiño, Mondariz, Fornelos de Montes, A Guarda, Moaña, O Rosal e Soutomaior. Xunto co Porriño, todos eles contan con traballadores afectados que son veciños dos seus respectivos concellos. Actualmente “Maderas Iglesias” ten 148 traballadores en nómina. Hai nove anos, chegou a superar os 800 pero o estoupido da burbulla inmobiliaria afectoulle reducindo a fabricación de tarima flotante. Leva unha década en perdas e cunha imparable redución de traballadores con nove EREs consecutivos.
GOPR3945.jpg
Presentado o primeiro equipo do Balonmán Porriño
O Balonmán Porriño presentou hoxe o seu equipo que xogará unha tempada máis na "Liga Guerreras Iberdrola" da División de Honra feminina. O vindeiro sábado 19 realizará a súa estrea ante a afición local recibindo no Pavillón Municipal ao BM. Morvedre.
instalaciones-biofabri-en-porrino.jpg
O Concello manifesta o seu orgullo de que unha empresa local sexa a primeira de España en producir unha vacina contra a "covid-19"
O Concello do Porriño manifesta “o seu orgullo de que unha empresa asentada neste termo municipal” sexa a primeira de España en producir unha vacina contra a Covid-19. Trátase de “Biofabri”, filial do grupo “Zendal” que foi elixida pola compañía norteamericana “Novavax” para realizar a produción da vacina para a Unión Europea, segundo o acordo anunciado. “Para Porriño constitúe un motivo de ledicia e satisfacción que unha fábrica asentada en Torneiros reciba esta encarga o que acredita o alto grao de especialización e recoñecemento a nivel mundial que ten a nosa industria”, valorou Eva García, alcaldesa de O Porriño. Hai que lembrar que no pasado mes de xullo, o ministro de Ciencia, Pedro Duque visitou as instalacións de “Biofabri” en Torneiros, despois da concesión de preto dun millón de euros en subvencións do Goberno de España para continuar esta investigación en vacinas.A alcaldesa subliñou que a actual fábrica de “Biofabri” e o grupo empresarial “Zendal” ao que pertence “ten as súas raíces nos proxectos de familias como os Fernández López que crearon o grupo Zeltia hai máis de 80 anos”. Eva García ofreceu a “Biofabri” “toda a colaboración que sexa posible dende o Concello do Porriño”.