Un dos grandes piares desta programación serán as tres rondallas que tocarán no casco urbano e por tódalas parroquias, comezando o percorrido mañá mesmo e clausurando o calendario festivo o domingo 11 de xaneiro co tradicional certame
O alcalde explica a situación trala última reunión con ADIF logo da cal “nos sentimos manipulados, esquecidos e enganados” e anuncia medidas do Concello para reclamar a reactivación da obra “defenderemos esta infraestrutura en tódalas instancias, esixindo igualdade de trato e o cumprimento dunha obra que xa debía ser unha realidade”
O proxecto permitirá reducir o consumo enerxético e mellorar o confort deste edificio que alberga a Escola Municipal de Música e múltiples aulas que acollen actividades lúdicas e culturais de diferentes asociacións e colectivos
Dúas sentenzas do Contencioso Administrativo estiman o recurso do Concello do Porriño declarando nulo o acordo plenario de 2023 do Concello de Vigo e, consecuentemente, as liquidacións emitidas por importe de preto de 150.000 euros
A Xunta de Galicia destina máis de 140.000 euros para a adecuación dun novo local contiguo á sala xa existente, que permitirá acadar preto de 200 m² dedicados á figura do arquitecto porriñés
Quince persoas formaranse gratuitamente durante seis meses nunha especialidade altamente demandada, cun certificado oficial recoñecido a nivel nacional e internacional, e con prácticas en centros de día e residencias
O alcalde Alejandro Lorenzo reúnese coa directiva da asociación para abrir unha canle de diálogo e avaliar posibles necesidades e oportunidades comúns, destacando o papel estratéxico do Porriño e a vontade municipal de apoiar a un sector clave para a economía