A xustiza avala ao Concello do Porriño e frea a pretensión do Concello de Vigo de cobrar pola auga de Eiras

Dúas sentenzas do Contencioso Administrativo estiman o recurso do Concello do Porriño declarando nulo o acordo plenario de 2023 do Concello de Vigo e, consecuentemente, as liquidacións emitidas por importe de preto de 150.000 euros

O alcalde Alejandro Lorenzo sostén que “pagaremos o que nos corresponda, en concepto de mantemento das infraestruturas, e non o que Vigo decida e impoña unilateralmente” e lembra que “a auga non é de Vigo, Porriño conta cunha concesión outorgada no ano 1962 polo Ministerio de Obras Públicas”

O maxistrado-xuíz exhorta a ámbalas administracións ao diálogo en aras de evitar unha “cascada litixiosa”, cuestión á que xa se referiu dende fai anos o Concello do Porriño, ofrecéndose a negociar e chegar a un entendemento, sen obter nunca resposta por parte de Vigo

O Porriño, 3 de decembro de 2025.- O Xulgado do Contencioso-Administrativo vén de emitir dúas sentenzas que dan a razón ao Concello do Porriño fronte ao Concello de Vigo no conflito polos custos asociados ao encoro de Eiras. “A xustiza confirma que Vigo non podía modificar nin impoñer unilateralmente os importes que pretendía cobrarnos, por iso anula o acordo plenario de 2023 e, consecuentemente as liquidacións que foron derivadas del”, explica o alcalde Alejandro Lorenzo.

Así, a primeira das resolucións anula o acordo plenario adoptado polo Concello de Vigo o 29 de marzo de 2023, no que Vigo modificaba, de maneira unilateral, os importes que debía asumir O Porriño en función do antigo acordo de 27 de xaneiro de 1998, o cal tamén fora determinado unilateralmente. Aquel acordo de 1998 establecía unha participación nos custos de mantemento e, sobre todo, o pagamento vinculado á construción do canal, que quedou totalmente amortizado no ano 2023. Chegado ese momento, Vigo decidiu actualizar os custos e establecer un novo canon de mantemento, pero fíxoo sen negociación, sen xustificación suficiente e sen competencia para impoñelo unilateralmente, tal e como agora confirma a xustiza.

A segunda sentenza declara que, ao quedar anulado o acordo plenario de 2023, tamén quedan anuladas consecuentemente todas as liquidacións bimensuais derivadas del, que Vigo lle reclamara ao Concello do Porriño durante o ano 2023. En total, son case 150.000 euros en conceptos que non estaban acreditados e que Vigo pretendía cobrar sen base legal válida.

O alcalde do Porriño destacou que “o Concello pagará sempre o que lle corresponda, pero non o que Vigo decida e impoña pola súa conta”, lembrando que “O Porriño non ten que pagar polo subministro de auga, pois para iso xa ten unha concesión outorgada no ano 1962 polo Ministerio de Obras Públicas, senón polo mantemento das infraestruturas de captación e condución e sempre conforme á lei e aos acordos vixentes”.

Lorenzo sinala tamén que o Concello do Porriño leva tempo ofrecéndose a sentar e negociar os posibles pagos, ante o cal nunca obtivo resposta por parte do concello vigués, unha disposición ao diálogo que o propio maxistrado recolle tamén na sentenza. Nel exhórtase ás partes a “sentar adecuadamente, con solidez, os cimentos desta relación xurídica que indudablemente as vincula”, evitando así “unha cascada litixiosa” como a vivida nos últimos anos. O xuíz sostén que “sería óptimo que abandonasen a unilateralidade na determinación da achega, que ambas partes se reunisen e examinasen a cuestión, despexando aspectos como os gastos de mantemento da presa de Eiras”. Tamén indica que Vigo debe actuar con “auténtica transparencia” e poñer á disposición do Porriño a documentación detallada dos gastos reais que xera o mantemento e conservación desta infraestrutura.

Sen dúbida, ámbalas dúas sentenzas son unha boa nova para O Porriño e para os intereses da veciñanza, “seguiremos defendendo o que é xusto e garantindo unha xestión responsable dos recursos públicos”, conclúe Alejandro Lorenzo quen, á súa vez, remarca o feito de que “na propia sentenza se ratifique o que xa vimos pedindo dende fai tempo, a necesidade da existencia dun entendemento entre administracións”.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.