O Concello concede 175.000 euros en subvencións ás comunidade de augas para mantemento e inversión nas súas instalacións

O alcalde Alejandro Lorenzo e o concelleiro Marcos Martínez fixeron entrega as axudas aos representantes das 22 entidades beneficiarias

O Porriño, 2 de decembro de 2025.- O Concello do Porriño fixo entrega das subvencións ás 22 comunidades de augas beneficiarias da convocatoria municipal correspondente ao ano 2025, dotada con 175.000 euros. Esta liña de axudas, que o Concello vén convocando anualmente, ten por obxecto garantir un abastecemento seguro e de calidade en todas as parroquias, apoiando tanto o mantemento ordinario das instalacións como investimentos en obras e renovacións da rede de distribución.

A convocatoria comprende dúas liñas de actuación. A primeira, destinada ao mantemento, conta cun orzamento de 95.000 euros e inclúe traballos de captación de auga —como fontes, pozos e a súa contorna—, conservación de sistemas de almacenamento e potabilización, reparacións na rede de distribución, actuacións nas instalacións e gastos derivados da adaptación ao protocolo de autocontrol en coordinación co programa de vixilancia sanitaria da auga. A segunda liña, dedicada a investimentos, está dotada con 80.000 euros e permite executar obras en inmobles das propias entidades ou daqueles sobre os que teñan dereito de uso.

As entidades puideron solicitar axudas en ambas liñas, nun programa que se foi consolidando e reforzando ao longo dos últimos anos. En 2021 destináronse 82.479,42 euros, en 2022 foron 87.353,01 euros; en 2023 case duplicouse a cifra superando os 160.000 euros e, nos dous últimos exercicios, o importe incrementouse ata acadar os 175.000 euros.

O acto de entrega contou coa presenza do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e do concelleiro de Parroquias e Comunidades de Auga, Marcos Martínez. O rexedor destacou o compromiso do Concello co mantemento dun servizo esencial para o rural. “Estas axudas son fundamentais para que as comunidades de augas poidan garantir un abastecemento seguro, moderno e en boas condicións. O noso obxectivo é seguir reforzando ano a ano esta colaboración para que todas as parroquias conten con infraestruturas adecuadas e unha auga de máxima calidade”, manifestou. O alcalde puxo en valor o traballo das entidades veciñais, “as comunidades son un exemplo de organización e responsabilidade colectiva. Estas subvencións son un recoñecemento ao seu esforzo e unha ferramenta para facilitarlles un labor que é esencial para a veciñanza”.

As entidades ás que se lle concedeu axuda por cumprir todos os requisitos da convocatoria son: Monte y Folón, Iglesia y Outeiro, San Jorge, Buraco da Raposa, Chenlo, Covelo, Torneiros, Bouza, O Cerquido, Cans, Atios, Contrasto, Carracido, A Devesa, A Graña, Mosteiro, 2ª Mosteiro, Vaquería, Rozadas-Eiris, Cruz, Vitureira e Casal-Chan-Orbenlle.

O Concello reafirma así o seu compromiso co abastecemento veciñal e coa mellora continua das infraestruturas de auga en tódalas parroquias do municipio.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.