WhatsApp-Image-2025-12-18-at-09.50.17.jpg
O Concello do Porriño organiza un obradoiro infantil de elaboración de galletas de Nadal
O Porriño, 18 de decembro de 2025. - O Concello do Porriño organiza un obradoiro infantil de elaboración e decoración de galletas de Nadal, unha actividade dirixida á infancia que se desenvolverá durante varios días das festas co obxectivo de fomentar a creatividade, a participación e o achegamento ás tradicións propias destas datas.
WhatsApp-Image-2025-12-17-at-13.40.40-3.jpg
O Tren do Nadal do Porriño arranca este mércores cargado de ilusión e escolares
O servizo especial de tren turístico comeza a súa ruta con alumnado de centros educativos do municipio para descubrir a iluminación e decoración do Nadal na vila
WhatsApp-Image-2025-12-16-at-13.56.31.jpg
O Concello do Porriño saca a licitación a mellora do pavimento de camiños en Devesa, Filgueiras e Portela de Souto por máis de 132.000 euros
A actuación permitirá mellorar a seguridade viaria e a mobilidade en tres viarios municipais situados en Budiño, O Porriño e Atios
NP-DOAZON-DE-SANGUE.jpg
O Porriño, referente de solidariedade en Galicia coa súa elevada taxa de doazón de sangue
Tras acadar 1.375 doazóns o pasado ano e situarse moi por riba da media autonómica, O Porriño acolle hoxe unha nova visita da unidade móbil de doazón de sangue dentro da súa campaña especial de Nadal
NP-PROXECTO-CONCELLOSRENOVABLES-1.jpg
O Porriño aposta pola enerxía limpa cunha inversión de máis de 113.000 euros nun proxecto innovador de autoconsumo colectivo
O Concello adhírese ao programa “Concellos + Renovables”, impulsado pola Deputación de Pontevedra e financiado con fondos Next Generation
IMG_5239.jpg
Concello de Porriño e Xunta de Galicia anuncian a licitación do proxecto de construción de 300 novas vivendas
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o alcalde Alejandro Lorenzo estiveron esta mañá no lugar onde se desenvolverá este Proxecto de Interese Autonómico (PIA) por importe de 212.414 euros
NP-CUPULA-DE-NADAL.jpg
A cúpula máxima ilumina o Nadal do Porriño cunha experiencia única para toda a familia
Unha burbulla recrea, no Parque do Cristo, unha atmosfera encantada, chea de ilusión e cun escenario ambientado e decorado para recibir a Papá Noel e aos Reis Magos
NP-CAMPANA-NADAL-ACIPOR.jpg
O Concello apoia ao comercio local coa campaña de Nadal e Reis de Acipor
A iniciativa repartirá 3000 euros en vales para incentivar as compras no comercio de proximidade durante estas datas festivas
NP-PLENO-EXTRAORDINARIO-CESION-UAD.jpg
O Concello aproba por unanimidade o traspaso á Xunta de Galicia do Servizo da Unidade Asistencial de Drogodependencias
A corporación municipal deu luz verde ao acordo que permitirá integralo no Servizo Galego de Saúde, garantindo a continuidade da atención e a estabilidade do persoal e dos recursos
CAMPAMENTO-NADAL-2025.jpg
Publicada a listaxe definitiva de participantes no Campamento de Nadal 2025
O Concello do Porriño vén de publicar a listaxe definitiva dos nenos e nenas admitidos no Campamento de Nadal “Anímate e vén a xogar connosco”. As prazas foron asignadas por rigorosa orde de inscrición, segundo o establecido nas bases. A continuación pode consultarse a relación completa de participantes:
NP-SINATURA-COMPRA-DE-PARCELAS.jpg
O Concello impulsa o gran parque fluvial do Louro coa compra de 64 novas parcelas
O alcalde Alejandro Lorenzo vén de asinar a adquisición de 32 e antes de que remate o ano rubricará a compra doutras tantas, que sumadas ás 24 mercadas en 2023 suman unha superficie total de máis de 6 hectáreas que xerarán un gran espazo de recreo e lecer que actuará tamén como corredor ecolóxico e infraestrutura de protección fronte as inundacións