O Concello do Porriño saca a licitación a mellora do pavimento de camiños en Devesa, Filgueiras e Portela de Souto por máis de 132.000 euros

A actuación permitirá mellorar a seguridade viaria e a mobilidade en tres viarios municipais situados en Budiño, O Porriño e Atios

O Porriño, 16 de decembro de 2025.- O Concello do Porriño vén de sacar a licitación o proxecto de mellora do pavimento en tres camiños de titularidade municipal, situados nos lugares de Devesa, Filgueiras e Portela de Souto, cun orzamento base de licitación de 132.979,42 euros (IVE incluído).

A actuación, financiada pola Deputación de Pontevedra a través do Plan + Provincia, ten como obxectivo mellorar o estado actual destes viarios, incrementar a seguridade viaria e facilitar a mobilidade da veciñanza, xa que os camiños presentan diversos signos de deterioro, como fisuras, baches e unha degradación xeral da capa de rodadura.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destaca que “esta licitación é unha mostra máis do compromiso do goberno municipal coa mellora das infraestruturas básicas, especialmente nos núcleos rurais, onde os camiños municipais son fundamentais para o día a día da veciñanza”. O rexedor subliña tamén que “seguimos investindo en obras útiles, pensadas para mellorar a seguridade viaria e a calidade de vida dos porriñeses e porriñesas”.

O proxecto contempla, entre outras actuacións, o desbroce e limpeza de marxes e cunetas, o fresado puntual do firme existente, a reposición da zahorra artificial nos puntos necesarios, así como o reforzo do pavimento mediante a execución dunha nova capa de mestura bituminosa en quente de cinco centímetros de espesor.

Ademais, procederase ao recrecido de arquetas e tapas de rexistro, á reposicion dun colector de drenaxe transversal no camiño de Filgueiras e á execución de nova sinalización horizontal e vertical, co fin de mellorar a seguridade e a ordenación do tráfico.

Pola súa banda, o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, sinalou que “se trata dunha actuación moi necesaria, que dá resposta ao mal estado do pavimento nalgúns tramos e que permitirá contar con camiños máis seguros e duradeiros”, engadindo que “as obras están deseñadas para minimizar as molestias á veciñanza e garantir unha execución áxil e eficiente”.

As obras desenvolveranse en camiños situados nas parroquias de San Salvador de Budiño, O Porriño e Atios. O prazo previsto de execución dos traballos será de seis semanas, unha vez adxudicadas as obras, establecéndose durante ese período as medidas necesarias de sinalización e regulación do tráfico.

Con esta licitación, o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa mellora das infraestruturas municipais, especialmente nos núcleos rurais, apostando por actuacións que contribúen á seguridade viaria e á calidade de vida da cidadanía.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.