A cúpula máxima ilumina o Nadal do Porriño cunha experiencia única para toda a familia

Unha burbulla recrea, no Parque do Cristo, unha atmosfera encantada, chea de ilusión e cun escenario ambientado e decorado para recibir a Papá Noel e aos Reis Magos

Fin de semana de música de rondallas, contacontos, teatro, espectáculo de títeres e animación de rúa

O Porriño, 12 de decembro de 2025.- O Porriño xa respira ambiente festivo coa apertura esta tarde da cúpula máxica de Nadal, situada no Parque do Cristo. Trátase dunha espectacular estrutura en forma de burbulla de oito metros de diámetro que permanecerá aberta desde hoxe e ata véspera de Reis, ofrecendo un espazo cheo de ilusión para toda a familia.

Nesta cúpula, totalmente ambientada para a ocasión, o público poderá deixar as súas cartas e vivir encontros moi especiais: o 24 de decembro estará Papá Noel, mentres que o 5 de xaneiro, coincidindo coa cabalgata, serán os Reis Magos quen escoiten os desexos dos máis pequenos.

O alcalde Alejandro Lorenzo sinala que “este Nadal demos un paso máis para facer do Porriño un lugar no que a ilusión se viva en cada recuncho. A nova cúpula máxica é un espazo pensado para toda a veciñanza, en especial os máis pequenos da casa, un punto de encontro onde nenos e maiores poden desfrutar da maxia destas datas. Queremos un Nadal que una á xente, que encha as rúas de vida, música e tradición, e que faga sentir orgullosos a todos os porriñeses e porriñesas. Con esta programación ampla que deseñamos, e na que ten especial mención a implicación das nosas asociacións, O Porriño consolídase como unha vila que celebra o Nadal cunha identidade propia, aberta e acolledora. Convido a toda a cidadanía a compartir con nós este espírito do Nadal reflexado, máis ca nunca, nesta cúpula”.

A programación de Nadal para esta tarde contempla a representación infantil de títeres “Barriga Verde ataca de novo”, da compañía Títeres Alakrán, ás 17.00 horas na Praza Arquitecto Antonio Palacios.

Ao longo da fin de semana a actividade non para. Mañá sábado, á mesma hora e no mesmo lugar, será a quenda da compañía Barafunda Animación co contacontos “Xan das Ondas” e Fantasy Troupe de Anim@ocio Miúdos encherá de música e diversión as rúas da vila de 17.00 a 20.00 horas. O domingo 14 Títeres Alakrán regresará cunha nova proposta, “A pita xefa”, unha adaptación da obra de Marta Lado, obra gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade 2021.

Ademais, continúan os percorridos das rondallas polo casco urbano e polas distintas parroquias, levando o espírito festivo e de Nadal por tódolos recunchos do municipio. Así, mañá sábado, a Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios actuará ás 16.15 horas no Centro Cultural A Lagoa, en Orbenlle e as rondallas da Asociación Cultural Musical de Pontellas e Santa María do Porriño farano ás 19.00 horas no centro da vila. O domingo 14 a Rondalla de Atios ofrecerá un primeiro pase ás 17.00 horas no Centro Cultural A Forna, en Budiño, para máis tarde, ás 18.30 horas, realizar un pasarrúas no casco urbano que culminará no Círculo Recreativo Cultural; por outra parte, a Rondalla Santa María do Porriño actuará ás 18:00 horas no Centro Cultural Alba, de Torneiros, dende onde emprenderá camiño ata a Asociación de Veciños de San Salvador, onde volverá a tocar a partir das 19.00 horas.

Deste modo, as rondallas volverán converterse nesta fin de semana nun dos grandes atractivos do Nadal porriñés, mantendo viva unha tradición profundamente enraizada e achegando música, convivencia e identidade a cada recuncho da vila.

Con esta ampla programación e coa incorporación da nova cúpula máxica, O Porriño consolida un Nadal cheo de propostas para todas as idades, convidando a veciños e visitantes a vivir a maxia destas datas dun xeito especial.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.