O barrio de San Benito acolle desde hoxe e ata o domingo a Feira do Libro do Porriño, unha cita cos libros e coa lectura que se verá enriquecida cunha ampla programación de actividades entre as que destaca a presenza de 30 autores que asinarán as súas obras, preto dunha decena de actividades para o público infantil, presentacións de novidades, actuacións musicais e recitais poéticos.
Desde o pasado luns, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Porriño están a disfrutar das actividades do programa Bautismo de Surf, organizado polo Concello do Porriño a través da Concellería de Educación e a OMIX.
Este xoves volve ao Porriño a Feira do Libro de Galicia, que ata o domingo aglutinará diferentes actividades culturais no barrio de San Bieito e contará coa participación de diversos escritores de renome, coma o porriñés Xulio Teixeira.
Como parte das actividades conmemorativas do “Ano Palacios”, con motivo da celebración do centenario da Casa Consistorial e no 150 aniversario do nacemento do arquitecto, o Concello do Porriño organiza un concurso de pintura rápida “Pintando a Palacios” que terá lugar o vindeiro 15 de xuño.
Os/as dez alumnos/as traballadores/as do obradoiro de emprego “Porremprego Cualifica II” avanzan na súa formación en “Implantación de Tecnoloxías da Información e Comuniciación e a Economía Dixital na Administración” coa creación do arquivo dixital municipal.
A Interrunning Club e o Concello do Porriño organizan a a II Carrera de Emrpesas-XIII Interrunning, unha fusión de eventos que se desenvolverá o domingo 6 de outubro.
O Porriño dá a benvida á primavera coa popular Festa dos Maios esta fin de semana. A praza do Arquitecto Antonio Palacios e a parte peonil da rúa Ramón González engalanaranse coas formacións florais desde o venres ata o domingo e serán o escenario de actuacións musicais e de danza o vindeiro sábado.
A Xunta licitou hoxe as obras dunha nova senda peonil en Budiño, na Vaquería, que comezará a construírse no verán cun investimento de máis de 250.000 euros.
Os comeciantes do Porriño adiantan as celebracións do Día da Nai cunha divertida acción para que a veciñanza participe e entre no sorteo de varias tarxetas regalo.
A concellería de Educación e Normalización Lingüística e a OMIX do Concello do Porriño continúa apostando por proxectos innovadores para difundir a lingua e cultura galegas entre a nosa comunidade educativa.
Retomamos xunto con Verdegaia os traballos realizados o ano pasado encamiñados a recuperar o estado natural do treito final do río Couso, tamén coñecido como Fonteliño, mesmo ao carón do paseo do Louro no Porriño.