O Club de Lectura do Porriño convídanos a encontrarnos a través dos libros

O barrio de San Benito acolle desde hoxe e ata o domingo a Feira do Libro do Porriño, unha cita cos libros e coa lectura que se verá enriquecida cunha ampla programación de actividades entre as que destaca a presenza de 30 autores que asinarán as súas obras, preto dunha decena de actividades para o público infantil, presentacións de novidades, actuacións musicais e recitais poéticos. 

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, inauguraron o evento acompañados pola secretaria da Federación de Librarías de Galicia, Celia Fernández, o representante das librarías do Porriño, Iván Rey, e as participantes do Club de lectura do Porriño que, xunto coa súa coordinadora, Ana Abad de Larriva, foron as encargadas de dar o inicio oficial da Feira co seu pregón.

“Os libros teñen o poder de espertar a maxia da nosa imaxinación e de apelarnos sensorialmente; facéndonos vivir moitas vidas. Son arquivos, cápsulas do tempo, para gardar a memoria, para establecer unha ponte entre diferentes lugares e épocas; para conectarnos co pasado, ancorarnos no presente e impulsarnos cara ao futuro, sen que teñamos que moverrnos fisicamente do lugar”, reza o pregón do Club de Lectura. “A lectura é a chave que nos abre a porta (...) ao coñecemento sen límites. Pero, sobre todo, ábrenos a mente a reflexións que nos fan ser mellores persoas”, prosigue. “Falar dos libros é falar de nós, e é falar da vida (...). Que fermoso e importante é termos estes espazos (a feria do libro e o club de lectura) para encontrármonos, emocionármonos e compartirmos o noso amor pola cultura e a arte”.

Pola súa banda, Iván Rey Grandal, representante das librarías do Porriño, salienta o labor das librerías e dos libreiros/as que “formamos parte da historia diaria das nosas vilas, tecemos comunidade, enchemos de actividade cultural os barrios, axudamos a formar lectores e lectoras (...). Somos protagonistas dunha historia colectiva, á da literatura en Galicia, e cada ano traballamos para sacar ás rúas parte desa maxia que creamos neses espacios compartidos nestas Feiras do Libro”.

O Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o feito “de que esta cita serve ademais para ter máis preto aos escritores e escritoras e, especialmente este ano á autora a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas, Luísa Villalta”. O representante autonómico explicou que estes días o barrio de San Benito vai ser “reclamo moi atractivo” para que a xente se achegue e coñeza de primeira man as creacións máis actuais, a través de todas as actividades que propón, e que converten O Porriño no epicentro do libro e da lectura. O alcalde, Alejandro Lorenzo, concluíu convidando a toda a veciñanza do Porriño e da contorna a visitar esta Feira do Libro que “converte a nosa vila nunha enorme libraría na que cada un de nós, como reza o lema deste ano, pode atopar a súa historia. E o que é mellor, compartila”. O rexedor incidiu na necesidade de “sacar os libros ás rúas non só para apoiar aos/as autores/as e amantes da literatura, tamén para respaldar ao sector editorial e ás nosas librarías”. Neste sentido, o alcalde quixo render homenaxe a unha desas librarías que tras décadas de actividade pecha as súas portas, a Libraría Recondo, á que agradeceu “eses 32 anos sendo un referente cultural no Porriño”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos