Escolares do Porriño surfean a súa primeira ola

Desde o pasado luns, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Porriño están a disfrutar das actividades do programa Bautismo de Surf, organizado polo Concello do Porriño a través da Concellería de Educación e a OMIX.

Repartidos en distintos grupos, os estudantes do CEIP Antonio Palacios, CPR Santo Tomás, CEIP Budiño, CEIP Xoxé Fernández López, CPR Hermanos Quiroga e CEIP da Ribeira, viven esta experiencia que ten por obxectivo promocionar o deporte e as actividades na natureza para ocupar o tempo libre, como alternativa saúdable ás as pantallas.

“Practicar actividade física leva consigo múltiples beneficios e recoméndase facelo en todas as idades. En concreto, nesta etapa e con este programa pretendemos que as persoas participantes reflexionen sobre a forma que teñen de ocupar o seu tempo libre, valoren a importancia que ten o lecer para o seu desenvolvemento persoal e social, e sexan conscientes das alternativas das que dispoñen”, sinala Carolina González, concelleira de Educación do Porriño. O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, salienta que “desde o Concello apoiamos este tipo de actividades que axudan a traballar a tolerancia e cooperación entre a rapazada, fomentando o deporte e a diversión. E que mellor escenario que a Praia de Patos, para que descubran o surf e o poidan seguir practicando durante todo o ano”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos