A Feira do Libro arranca este xoves co pregón do Club de Lectura do Porriño

Este xoves volve ao Porriño a Feira do Libro de Galicia, que ata o domingo aglutinará diferentes actividades culturais no barrio de San Bieito e contará coa participación de diversos escritores de renome, coma o porriñés Xulio Teixeira. 

A feira, organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello do Porriño, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra,  comezará na tarde do xoves co pregón do Club de Lectura de Biblioteca do Porriño e a actuación musical do Grupo Fonteliño, na carpa de actividades. Seguidamente, Xulio Teixeira presentará o seu libro As vidas do río acompañado polo tamén porriñés Diego Giráldez, con quen conversará sobre novela negra.

Actividades para cativos/as e adultos

Os cativos/as poderán disfrutar ata o domingo de diversas actividades dirixidas especialmente para eles/as, como espectáculos musicais, teatro infantil, contacontos e un obradoiro. A carpa tamén será escenario de recitais poéticos, e presentación dos libros A rede Branca, de Paco Morgan, e Contos de Buxo, de Raquel Fernández.

A estas actividades hai que engadir as sinaturas de libros organizadas polas librerías participantes, que contarán con autores/as coma Raquel Castro, Samuel Merino, Andrea Martínez Balandrón ou María Olga Alonso, entre outros.  As librarías Paz, Pedreira, Copi-Rey, Porto, Uróboros e Galo Azul terán as súas casetas correspondentes e ofrecerán un desconto do 10% en tódolos títulos.

É un orgullo falar de libros e lectura neste evento tan importante para O Porriño. Ademáis é un recoñecemento ao club e ao labor que facemos.

Ana Abad de Larriva, coordinadora do Club de Lectura

Ana Abad de Larriva, coordinadora do Club de Lectura, declara que “estamos moi agradecidas por esta oportunidade, é un orgullo falar de libros e lectura neste evento literario tan importante para O Porriño. Ademais é un recoñecemento ao club e ao labor que facemos”. Eva González, membro do Club, confesa “eu aprendín a ler con outros ollos, non só a través dos meus. Cada lector intrepreta á súa maneira e se fixa en detalles concretos, ao compartir as distintas interpretacións tes unha visión máis ampla”.

Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, convidou “a toda a veciñanza a achegarse ao Porriño e disfrutar desta festa da literatura que tanto nos aporta cada ano”.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, puxo en valor este evento cultural que “non só sirve para sacar a literatura ás rúas e ofrecer o noso apoio ao sector editorial, tamén para render unha merecida homenaxe aos/ás nosos/as libreiros/as, escritores/as e lectores/as. Ninguén mellor que o Club de Lectura da nosa Biblioteca para representalos a todos e o amor pola literatura”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos