O Porriño contará moi pronto cun novo espazo cultural, un auditorio municipal versátil que resolverá as carencias de espazo escénico de calidade que arrastra desde sempre a vila do Louro.
O Concello do Porriño, xunto coa Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, presentou hoxe o cartel completo do Negrita Music Festival que terá lugar na vila do Louro os días 13 e 14 de setembro. Na presentación do evento estiveron presentes o alcalde, Alejandro Lorenzo, a Directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, oconcelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, e Manuel Garrido, da productora Leitmotiv Producciones. JC Reyes e Maka, dúas das figuras máis aclamadas do noso país, serán os cabezas de cartel deste evento que conta cos artistas máis relevantes de música urbana a nivel nacional, como Hard GZ, Recycled J ou Maikel Delacalle, entre outros.
O goberno municipal do Porriño leva a pleno a vindeira semana o seu orzamento para o exercicio 2024, unhas contas que rozan os 21 M de euros, 2 M máis que o vixente, o que supón un incremento dun 9,68%.
Un total de 56.033 peregrinos pasaron polo Porriño no que vai de ano, un 7% máis que en 2003, consolidando a Vila do Louro como unha parada fundamental no Camiño de Santiago.
O Concello do Porriño dá un significativo na mellora da xestión do seu patrimonio coa actualización do Inventario Municipal de Bens Inmobles, tras máis de dúas décadas sen revisar. A entidade local vén de adxudicar a revisión, actualización e dixitalización do seu inventario por un importe de 32.500 euros, un notable avance para o municipio impulsado polo executivo local no seu compromiso coa transparencia e eficiencia na administración dos bens públicos.
O Centro Cultural Alba de Torneiros ofertará a partir de setembro varias actividades enfocadas no benestar físico e mental. En concreto desenvolveranse clases de ioga, zumba e pilates.
O Concello do Porriño acometerá nos próximos meses a mellora de varios viais do parque empresarial da Granxa, concretamente na Casilla en Atios. O proxecto vén de licitarse cun orzamento base de máis de 114.000 euros, que se financiará ao abeiro dunha achega da Xunta de Galicia e aportación municipal. Simultaneamente levarase a cabo a adaptación do sistema contraincendios do PPI-6, que requerirá unha inversión de preto de preto de 37.000 euros.
Nicolás Punzón Carnicero, cunha nota de 13,122, e Anxo Alonso Pereira, cun 12.784 na ABAU, son os estudantes do Instituto Pino Manso do Porriño con mellores na ABAU celebrada en xuño. O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González, recibíronos na Casa Consistorial.
Alejandro Lorenzo, alcalde, e Abel Estévez, concelleiro de Deportes e presidente do Club Balonmano Porriño, presentaron onte o torneo de banlonmán I Memorial Julio Gilsanz, que terá lugar o venres 9 e o sábado 10 no pavillón municipal. Trátase dun torneo internacional que honra a figura de Julio Gilsanz, fundador do club e presidente do mesmo durante moitos anos. “O torneo servirá tamén para que o noso equipo de División de Honor teña unha pretemporada de calidade e desde a directiva desexamos que o torneo teña permanencia no tempo”, comenta Estévez.
A veciña de Torneiros, Noelia Mouriño, gañadora do bronce coa selección española de baloncesto no Mundial Sub-17 disputado en México o pasado mes de xullo, visitou a Casa Consistorial do Porriño, a vila na que empezou a súa carreira deportiva e que a acolleu como veciña. O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, reciben a Noelia e a súa familia para homenaxear á deportista.
A Concellería de Igualdade vén de facer pública a listaxe de admitidos/as nas dúas quendas do Campamento de Verán para o mes de agosto. A primeira delas será do 12 ao 23 de agosto, e a segunda do 26 de agosto ao 10 de setembro.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, subiuse á bici esta fin de semana para participar dun dos adestramentos de DisCamino, unha asociación que desafía os límites e fai posible que persoas discapacidade sensorial, física ou intelectual cumpran o seu soño de peregrinar a Compostela e vivan esta aventura como calquera outro peregrino.