DisCamino, 15 anos rompendo estereotipos a golpe de pedal

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, subiuse á bici esta fin de semana para participar dun dos adestramentos de DisCamino, unha asociación que desafía os límites e fai posible que persoas discapacidade sensorial, física ou intelectual cumpran o seu soño de peregrinar a Compostela e vivan esta aventura como calquera outro peregrino.

“Unha experiencia moi positiva e enriquecedora que estou desexando repetir e que vos animo a probar”, afirmou Lorenzo tras unha hora de ruta, “Se algo se pon de manifesto é o valor do esforzo compartido, ningunha barreira é insuperable se a enfrentamos xuntos”.  O alcalde agradeceu á súa copiloto, Bea, “este rato incrible que compartimos e que nos traerá  moitos máis” xa que o “empuxe e a ilusión de Bea son inspiradoras e contaxiosas!”.

Discamino axuda a persoas con discapacidade a facer o Camiño de Santiago

DisCamino naceu no 2009 da man de Javier Pitillas e Gerardo, un mozo sordocego de Vigo que fixo o seu primeiro Camiño de Santiago pedaleando sobre un Copilot (triciclo tándem). Unha vez alcanzaron a Praza do Obradoiro Gerardo díxolle “Javier, busca a máis persoas con problemas coma min para facer o Camiño moitos anos”. E nese momento, comezou esta aventura que xa conta con preto de 200 usuarios e usuarias e un gran equipo de apoio e intendencia.

Os seus principais obxectivos son fomentar a actividade físico deportiva nas persoas con discapacidade e axudar a que todas as persoas que queiran poidan completar unha peregrinación a Santiago de Compostela. Pero DisCamino non é so a ruta, tamén a preparación física e mental necesaria para levar a cabo este reto e a ilusión de implicarse en algo que de seguro cambiará a vida de quen o experimente.

Para iso, durante todo o ano realizan sesións de adestramento como á que se sumou o alcalde do Porriño. As persoas interesadas poden participar, os martes, xoves e sábados e pedalear durante unha hora, con bicis e sillas de montaña adaptadas. Todos os domingos faise tamén unha saída máis larga con sillas de rodas de montaña.

“Non teño máis que palabras de agradecemento e admiración a todas/os eles/as, a Bea, Silvia, a todos os rodaron conmigo e por suposto a Javier Pitillas, persoas como eles fan deste mundo un lugar mellor”, concluíu Lorenzo explicando que “Por iso terán sempre a man do noso Concello de tendida para todo o que necesiten. De feito xa estamos argallando varias actividades conxuntas no Porriño para que todo o mundo coñeza e participe do inmenso labor que fan”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria