A Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Lara Meneses, e o concelleiro de Xuventude, Antonio Barros, visitaron o Campo de Voluntariado Internacional “Gándaras de Budiño”, impulsado polo Concello do Porriño en colaboración coa Xunta no marco da campaña “O teu mellor verán”. O obxectivo deste campus é destacar a biodiversidade e o gran valor medioambiental das Gándaras de Budiño.
O piloto porriñés José Calvar sae desde O Porriño cara ao Barum Czech Raily Zlín, a proba do campionato europeo de rallies que se celebra na República Checa entre o 16 e 18 de agosto.
O Concello do Porriño presentou hoxe a Festa Holi, que terá lugar na vila do Louro o venres 9 de agosto. A praza do Arquitecto Antonio Palacios encheuse de cores para anunciar esta festa que se tivera que cancelar na Porrigalia debido á meteoroloxía adversa, e conta agora cun espectáculo algo diferente.
90 persoas participaron ata o de agora nos cursos de capacitación dixital aplicada que se están a impartir no Porriño. Foron cinco as quendas desta actividade formativa na que o alumnado obtén información e alfabetización dixital, aprende sobre a creación de contidos e seguridade na rede.
O Concello do Porriño impulsa un novo obradoiro de emprego no que 16 mozos/as en situación de desemprego poderán formarse mentres traballan nas especialidades de carpintería e albanelería urbanización. A administración autonómica vén de dar luz verde a “O Noso Encontro co Emprego”, un programa de emprego para a mocidade, dirixido a persoas menores de 30 anos que deberán estar inscritas e ser beneficiarias do sistema nacional de Garantía Xuvenil. Como requisito imprescindible terán que estar dados de alta como demandantes de emprego na oficina de emprego.
O Campamento de Verán organizado pola concellería de continuará desenvolvendo a súa actividade ata o comezo do curso escolar. Para iso, abrirase un novo prazo de presentación de solicitudes mañá día 30 de xullo ás 9 h e pecharase o venres 2 de agosto ás 8:59 h.
París acollerá do 27 ao 29 de xullo o “IHF Beach Handball Showcase” no marco dos Xogos Olímpicos 2024 e, como non podía ser doutra forma, O Porriño estará presente. A porriñesa Paola González Casales foi designada pola Federación Internacional de Balonmán como delegada por España, marcando un novo fito na súa traxectoria deportiva e tamén na da vila na que deu os seus primeiros pasos nesta disciplina.
A unidade móbil de doazón de sangue do Centro de Transfusión de Galicia visitará O Porriño o mércores 31 de xullo e o xoves 1 de agosto. Aparcará na súa ubicación habitual, na rúa Domingo Bueno, en horario de 10 a 14:30 h e de 16 a 21 h.
O Porriño contará este ano cunha nova rondalla, a Rondalla Santa María do Porriño, unha agrupación integrada xa por 40 persoas. O Porriño é berce de rondalleiros/as e un referente no tocante a estas tradicionais agrupacións, ao contar coas dúas grandes Rondallas, a de Santa Eulalia de Atios e a da AC de Pontellas. Ademais, na vila do Louro celebrase cada ano o Encontro de Rondallas que reúne ás mellores formacións do sur da provincia e a miles de persoas que non faltan á cita.
O Concello do Porriño comezará nas próximas semanas as obras de humanización da rúa San Sebastián, no tramo que vai dende a Avda. Domingo Bueno e a Capela de San Sebastián.
Logo dunha detallada diagnose levada a cabo nos últimos meses, que involucrou a responsables políticos, ao equipo técnico do Concello e a representantes das entidades sociais, económicas e ambientais do territorio, O Porriño presenta a súa Axenda Urbana e Rural. Trátase dun documento que se desenvolveu seguindo a metodoloxía da AU española e que pretende dar resposta aos retos e problemáticas identificados no municipio, co obxectivo de lograr un Porriño máis inclusivo, integrado, resiliente e sostible.