O Porriño acometerá melloras en varios viais dos polígonos industriais

O Concello do Porriño acometerá nos próximos meses a mellora de varios viais do parque empresarial da Granxa, concretamente na Casilla en Atios. O proxecto vén de licitarse cun orzamento base de máis de 114.000 euros, que se financiará ao abeiro dunha achega da Xunta de Galicia e aportación municipal.  Simultaneamente levarase a cabo a adaptación do sistema contraincendios do PPI-6, que requerirá unha inversión de preto de preto de 37.000 euros.

Na actualidade estes viais atópanse nun estado deficiente, sendo necesaria a rehabilitación do pavimento para garantir a seguridade de vehículos e peóns.

Para isto, acometerase a ampliación da calzada e dous regos.  Tal e como explicou o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, “actuarase nun tramo de 633 m, cunha anchura media de 6,1 cm. Ampliarse a plataforma en 651 m2 , realizarse o bacheo de más de 300  m2  e o fresado de máis de 2,1  km2 “ e por último, “estenderase unha nova capa de rodadura nunha superficie de 6,1 km2”.  Os traballos incluirán o rasanteo de 31 tapas de rexistro e rematarán coa renovación da sinalización horizontal.

Ademais, levouse a cabo unha exhaustiva revisión do sistema de abastecemento de auga contraincendios do PPI. 6-2, que acusa o deterioro do paso do tempo, e unha vez detectadas as incidencias procederase a resolverlas para adecualo á normativa vixente. Esta instalación componse dun depósito a cota superficial e dúas bombas principais encargadas de suministrar o caudal de auga necesaria. O grupo conta tamén cunha bomba auxiliar que mantén presurizada a instalación.

“Os nosos polígonos industriais son un dos motores do Porriño e é esencial acondicionar e manter as súas instalacións, por iso ademais destas melloras que xa se licitaron estamos traballando xa en varios proxectos para acondicionar dúas das rotondas do vial principal da Granxa e un dos viais do das Gándaras”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria