O vindeiro mércores 15 de xaneiro arranca de novo a oficina municipal móvil do Concello do Porriño para achegar a administración local á vecinanza do rural. Un servizo pioneiro co que o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa atención directa e cercana aos veciños e veciñas.
O Concello de Porriño deu un paso histórico ao licitar por primeira vez o servizo de captura, esterilización e solta (CES) de gatos nas colonias felinas do municipio. O contrato, adxudicado á asociación protectora de animais INMA por un importe superior aos 23.000 euros, ten como obxectivo garantir o benestar destes animais e o control da súa poboación, aliñándose coa lexislación vixente e promovendo unha xestión ética e responsable das colonias.
Como xa é tradición no Porriño, o último día do ano chega por partida doble, e a celebración comezou este 29 de decembro coa festa do Pre-Fin de Ano Infantil, unha xornada única na que centos de nenos e nenas disfrutaron dunha mañá chea de música, diversión e actividades especiais na Praza do Concello. O evento, organizado polo Concello, marcou o inicio das festas previas á tradicional Noitevella, que, como cada ano, ten lugar un día antes na vila do Louro.
Como xa é tradición no Porriño, o último día do ano chega por partida doble, e a celebración comezou este 29 de decembro coa festa do Pre-Fin de Ano Infantil, unha xornada única na que centos de nenos e nenas disfrutaron dunha mañá chea de música, diversión e actividades especiais na Praza do Concello. O evento, organizado polo Concello, marcou o inicio das festas previas á tradicional Noitevella, que, como cada ano, ten lugar un día antes na vila do Louro.
O Porriño prepárase para despedir o 2024 por anticipado. Un ano máis, o Concello -pioneiro neste evento- organiza unha xornada, a deste luns 30 de decembro, cunha chea de actividades para todas as idades.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA), Juan Carlos Rodríguez, asinaron un novo convenio de colaboración anual entre o Concello e AFAGA. Esta alianza reforza o compromiso de ambas as entidades para mellorar a atención ás persoas afectadas polo alzhéimer e outras demencias, a través do programa de prevención "Cultiva a mente" e de obradoiros de estimulación cognitiva e funcional.
Nun xesto de solidariedade e compromiso, a Cafetaría Paso a Nivel de Porriño impulsou, un ano máis, a súa entrañable iniciativa de repartir 100 menús solidarios para a cea de Noiteboa. Este xesto permitiu que numerosas familias do Porriño en situación de vulnerabilidade puideran gozar dunha tranquila velada navideña sen ter que preocuparse pola comida e só centrarse no máis importante: compartir o Nadal cos seus seres queridos.
O Concello do Porriño celebrará a tradicional Carreira de Nadal o vindeiro domingo 29 de decembro, un evento aberto a todas as idades. A proba, cun percorrido accesible de tan só 4 quilómetros, consistirá en dúas voltas ao circuíto urbano (2+2 quilómetros) e terá como punto de saída a Praza Arquitecto Antonio Palacios ás 11:00 horas.
O Concello do Porriño culminou recentemente unha serie de melloras en varias marquesiñas de autobús no municipio, con especial atención á instalación dunha nova parada na entrada do IES Pino Manso, unha intervención moi demandada pola comunidade educativa.
O Concello do Porriño e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) revalidaron hoxe o seu acordo de colaboración anual. Este convenio, que conta cunha achega de 6.000 euros por parte do Concello, centrarase no apoio económico para o transporte adaptado, co fin de facilitar aos veciños e veciñas do Porriño o acceso ás actividades organizadas nas instalacións de COGAMI no Rebullón.
O Centro Cultural do Porriño será o escenario dunha innovadora exposición de arte contemporánea centrada no fogar e a familia, un proxecto que pretende achegar a arte actual ao público e xerar diálogos en torno a estes conceptos universais.