Acometemos a mellora de 13 marquesiñas cunha inversión de máis de 24.000 euros

O Concello do Porriño culminou recentemente unha serie de melloras en varias marquesiñas de autobús no municipio, con especial atención á instalación dunha nova parada na entrada do IES Pino Manso, unha intervención moi demandada pola comunidade educativa.

A nova marquesiña no IES Pino Manso, que foi completamente derrubada debido ao estado de deterioro que presentaba, renovouse cunha moderna estrutura de aceiro inoxidable (inox) de 8600 x 5000. Ademais, conta cun tellado de panel de sándwich imitación tella e un acabado interior que imita a madeira, o que non só mellora a súa funcionalidade, senón tamén a súa estética. A intervención supuxo un investimento de máis de 16.000 euros e responde á  necesidade do centro educativo, que buscaba unha maior seguridade e confort para os estudantes e persoal do instituto.

Simultaneamente, levaronse a cabo traballos de reparación en doce marquesiñas de autobús situadas en diversas parroquias do municipio, en Atios, Budiño, Mosende e Pontellas. Nestas localidades reparáronse os tellados, garantindo que os usuarios e usuarias das paradas de transporte público conten coa protección necesaria ante as inclemencias do tempo. O investimento nestas reparacións superou os 18.100 euros.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, quixo destacar a importancia destas melloras: "Desde o Concello sempre traballamos para responder as necesidades da nosa comunidade, e a renovación destas marquesiñas era unha necesadide urxente e real. A do IES Pino Manso era unha das solicitudes máis insistentes da comunidade educativa, e nos enorgullece poder dar resposta a esta demanda, mellorando a seguridade e a comodidade dos nosos mozos e mozas. Seguiremos traballando para mellorar as nosas infraestruturas e garantir unha contorna máis segura e accesible para todos."

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria