O Concello do Porriño en colaboración co Servizo Agrario Galego organiza unha charla informativa sobre a limpeza de fincas situadas na franxa secundaria, arredor de vivendas ou núcleos de poboación, para a prevención de incendios forestais. Será o 17 de decembro, ás 17 h, no Centro Cultural Municipal e participará personal técnico e directivo da sociedade autonómica.
A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) do Porriño inaugurou xa o seu tradicional Mercado de Nadal, unha iniciativa solidaria cuxo obxectivo é recadar fondos para apoiar ás familias afectadas polo cancro. Este evento conta coa colaboración do Concello de Porriño e os comercios locais, e estará aberto ao público ata o próximo 30 de decembro, no número 68 da rúa Ramón González, en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Nun acto celebrado no Concello, o alcalde Alejandro Lorenzo e a concelleira de Igualdade, Carolina González, presentaron o V Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes, un documento que marca un fito no compromiso do Concello coa igualdade de xénero e o cambio social.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Festexos e Cultura, abre o prazo para que as ANPAS dos centros educativos e as asociacións culturais do municipio poidan inscribirse na tradicional Cabalgata de Reis, que terá lugar o próximo domingo 5 de xaneiro de 2025.
O Concello do Porriño segue apostando pola promoción de hábitos de vida saUdable entre a cativada e a mocidade con múltiples iniciativas centradas na educación. No marco do Plan de Saúde Local a concellería de Sanidade e a OMIX, en colaboración co SERGAS, impulsa un ano máis o programa de “Nutrición na Escola” no que participan 400 escolares de 3º de Educación Primaria e 2ª da ESO.
Hoxe tivo lugar clausura do obradoiro de emprego “Porremprego Cualifica II”, un programa de formación dual impulsado polo Concello do Porriño en colaboración coa Xunta de Galicia. A iniciativa permitiu a 20 persoas desempregadas formarse en dúas áreas de alta demanda, relacionadas coa cociña e coa comunicación e economía dixital.
O Concello do Porriño deu o pistoletazo de saída a unha nova e prometedora iniciativa: os "Almorzos Pedagóxicos", reunións trimestrais entre a administración local e os/as directores/as dos centros educativos do municipio.
A maxia do Nadal xa se sinte en cada recuncho do Porriño con propostas para pequenos e maiores. Dentro da programación preparada polo Concello para estas festas atópase o Obradoiro infantil de galletas que fará as delicias da cativada.
O Porriño prepárase para vivir un Nadal cheo de actividades e eventos ofrecendo a veciños e visitantes un mes de propostas para gozar destas datas tan especiais. Desde o 7 de decembro ata mediados de xaneiro, a localidade converterase nun vibrante centro de tradición, cultura, solidariedade e entretemento para todos os públicos.
O Nadal está á volta da esquina e, con el, a oportunidade perfecta para apoiar o comercio local do Porriño. A campaña “O teu Nadal nos comercios do Porriño”, impulsada por CCA Morea en colaboración co Concello do Porriño e a Xunta de Galicia, arrinca o 5 de decembro e estenderase ata o 10 de xaneiro, ofrecendo aos consumidores un atractivo adicional para as súas compras do Nadal.