A cafetería "Paso a nivel" doa 100 menús para a cena de Nadal

Nun xesto de solidariedade e compromiso, a Cafetaría Paso a Nivel de Porriño impulsou, un ano máis, a súa entrañable iniciativa de repartir 100 menús solidarios para a cea de Noiteboa. Este xesto permitiu que numerosas familias do Porriño en situación de vulnerabilidade puideran gozar dunha tranquila velada navideña sen ter que preocuparse pola comida e só centrarse no máis importante: compartir o Nadal cos seus seres queridos.

O propietario da cafetería, José González, foi o artífice desta acción que desde hai varios anos vén levando a cabo coa colaboración do Concello do Porriño e o departamento de Servizos Sociais. Os menús, que incluían dous pratos, foron elaborados con coidado para garantir unha cea completa, saborosa e especial para cada fogar que o necesitase. Os menús foron entregados a través do SOS Porriño, que se encargou de distribuílos entre as familias máis desfavorecidas da localidade.

A tarde do 24 de decembro, os menús foron recollidos polas familias na propia cafetería, un acto sinxelo pero cheo de significado, que simboliza o espírito de unidade e apoio mutuo que caracteriza ao noso pobo.

En palabras de Abel Estévez, concelleiro de Servizos Sociais do Concello de Porriño: "Esta iniciativa non só é un acto de xenerosidade, senón tamén unha mostra de que o que significa ser un pobo solidario. Nestes días tan especiais, nos que a unión e o benestar das familias son fundamentais, agradecemos profundamente a Jose González e a todos os que colaboran con este tipo de iniciativas. Grazas a eles, moitas familias poden disfrutar dun Nadal máis cálido, máis humano e máis próximo."

No mesmo sentido se expresou o rexedor, Alejandro Lorenzo agradecendo “o enorme xesto de Jose e de todo o persoal do Paso a Nivel. Nestes días nos que a xenerosidade e as emocións están máis presentes que nunca, persoas como eles lémbrannos que a solidariedade é a verdadeira esencia do Nadal”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria