A Concellería de Educación e as direccións dos centros de Primaria e Secundaria do vila establecerán as necesidades que poden atenderse dende o Concello para equilibrar a participación de todos os alumnos no ensino por vía telemática como consecuencia da prórroga do estado de alarma sanitaria. Segundo estableceuse hoxe nunha reunión mantida por Lourdes Moure, concelleira de Educación cos directores dos centros docentes no salón de plenos e coas garantías hixiénicas necesarias, o Concello de Porriño non vai a realizar e repartir fotocopias de apuntes entre os alumnos de familias que carezan de posibilidades de conexión coa Rede e de ordenadores nas súas casas, como se está a facer nalgún concello da contorna. “Entendemos que esa fórmula non equilibra senón que agudizaría os desequilibrios”, explicou Moure Varela. De tal xeito que o vindeiro venres 17, a concelleira responsable reunirse cos directores dos centros educativos que xa aportarán listados identificando as necesidades que se precisan atender. O Concello do Porriño encargarase de aportar ordenadores portátiles e “pinchos” aos centros educativos para que os fagan chegar aqueles nenos e mozos cuias familias carezan de medios telemáticos ou de conectividade.Disporase dos ordenadores que hai nos centros, renovaranse cargadores externos e mercaranse portátiles e “pinchos” con conexión a Internet por 3 meses que se facilitarán en préstamo ás familias. Cando remate o estado de alarma, ordenadores e demais material devolverase e quedará en depósito nos centros educativos. O Concello “afrontará este gasto extra dispoñendo fondos dunha subvención outorgada pola Deputación Provincial ante esta situación de emerxencia que debemos afrontar aínda que se trata dunha competencia que correspondería á Consellería de Educación da Xunta de Galicia”, indicou Lourdes Moure.
Dende as 7 horas desta mañá, axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil entregaron máscaras protectoras aos traballadores que hoxe reincorpóranse nas empresas e industrias autorizadas polo Goberno Central.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, incorpora novas propostas á “Programación para pasar unha corentena” que puxo en marcha hai dúas semanas. Tratase dun xogo a realizar pola Internet contestando preguntas sobre o nivel de coñecemento de Porriño, e dunha mostra colaborativa de videos, a través da participación cidadá, sobre cómo están a vivir estes días, titulada “Amosa a túa corentena”.Segundo explicou a concelleira Cami Moreira, “dende o Concello do Porriño e o departamento de Cultura que dirixo, seguimos porfiando nunha programación para pasar esta corentena con propostas que resulten atraentes”. "Tanto co xogo de coñecemento sobre O Porrriño que é interactivo como coa mostra de video 'Amosa a túa corentena', mediante a que cedemos o protagonismo á cidadanía para compartir todas aquelas ideas e recursos imaxinativos que nos axuden a pasar este confinamento”, segundo valorou a concelleira Moreira Fontán. Para o xogo, a través dun enlace na web do departamento de Cultura do Concello (www.ecultura.net) accedese ao cuestionario formado por preguntas tipo test con varias opción de resposta. Versan sobre historia, edificios, tradicións e cultura do Porriño.
A Concellería de Servizos Sociais, a través de "Porremprego", ven de distribuir unha guía informativa para traballadores e empresas coas diferentes posibilidades de acollerse a axudas oficiais, segundo a situación na que se atopen., como consecuencia do estado de alarma a causa da pandemia polo "Coviud-19".Ademais facilitanse enlaces amplar información, para resolver as dúbidas máis frecuentes e para realizar trámites.
A Concellería de Deportes comunicou hoxe o aprazamento da proba ciclista “Xarotos Gran Fondo” que patrocina o Concello do Porriño e organiza o club local “Máster da Louriña”. A proba que ía celebrarse o vindeiro 7 de xuño pasará a celebrarse o domingo 30 de agosto, segundo decidiron Concello e club.David Alonso, concelleiro de Deportes explicou que “á vista da prolongación do estado de alarma e ante a previsión de que poderiamos reunir 500 participantes e numerosos espectadores , pensamos que no mes de xuño probablemente non teríamos ainda as condicións axeitadas de seguridade e saúde para a súa celebración, polo que procedía adiar”. A Federación Galega de Ciclismo, que inclue a “Xarotos” no calendario de eventos de gran fondo, xa recolleu o cambio de datas da proba
O Concello do Porriño comunica a cancelación definitiva de actividades educativas que estaban programadas para os meses de abril e maio nos centros educativos, a consecuencia de manterse o confinamento pola prórroga do estado de alarma a causa da pandemia do “Covid-19”.
Unha parella circulando en coche pola Avenida Domingo Bueno, ás 1,57 da madrugada de hoxe; a maiores, o conductor, un varón de 37 anos, bébedo xa que triplicaba a taxa de alcohol na proba de alcoholemia, é o último caso denunciado pola Policía Local de O Porriño por incumprimento do estado de alarma. Neste caso, ademais, da correspondente sanción que lles impoña a Subdelegación de Goberno a ambos, hai outras consecuencias porque a Policía Local inmovilizou o vehículo e instruironse dilixencias contra o conductor por presunto delito contra a seguridade vial, remitidas ao xulgado de garda.Con este episodio, a Policía Local de O Porriño totaliza ata a mañán de hoxe, 193 denuncias por rachar e incumprir o confinamento decretado polo Goberno a causa da pandemia do “Covid-19”. Polo tanto arroxa unha media de una denuncia por cada 105 habitantes do termo municipal.
Para axudar a levar mellor a corentena, a Biblioteca Municipal do Porriño non pecha en internet e traballa ofrecendo unha selección de contidos, lecturas e recursos "online "que de seguro farán máis levadeiro este necesario confinamento.Deixamos o enlace coa web do departamento de Cutura e coa propia Biblioteca Municipal para que poidan consultar as diferentes propostas e suxerencias.
A Concellería de Xuventude do Concello do Porriño anunciou hoxe que se suma ao “Plan de formación de xuventude e voluntariado durante a emerxencia sanitaria do COVID-19", promovido pola Xunta de Galicia.
Diversas industrias alimentarias e empresas de distribución fixeron entrega ao longo da semana de lotes de productos que sumaron máis de 20 toneladas recibidas no banco de alimentos “SOS Porriño”. Estas achegas permitiron atender o aumento da demanda de axuda que rexistraron os Servizos Sociais do Concello do Porriño. Segundo estimacións deste departamento, “a cifra habitual de 150 familias máis necesitadas que temos normalmente no Porriño, duplicouse a consecuencia da paralización económica co confinamento”, explicou David Alonso, concelleiro de Asuntos Sociais.
Un grupo de veciñas da parroquia porriñesa de Cans fixeron entrega dun lote de traxes de protección confeccionados por elas mesmas que recibiu o Concello do Porriño para a súa utilización polos traballadores do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
Desde a Concellería de Igualdade continuase co compromiso dedifundir o IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entreMulleres e Homes do Porriño 2020-2024; que foi aprobado porunanimidade no Pleno do 27 de febreiro, e presentado á cidadaníao 11 de marzo.Esta é unha versión resumida onde se dan a coñecer as medidas arealizaren no 1º semestre deste ano 2020; que se irá completandocoas medidas seguintes, 2º semestre do ano e así sucesivamente,segundo a cronoloxía do plan.A continuación deixamos o enlace