Pablo Alonso “Karpin”, colaborador de los campus do “Porriño Baloncesto Base” (PBB) encargase nesta quinta quenda do ciclo #Porriñodeportenacasa de presentarnos exercicios adaptados para persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas. Lembramos que o Concello, a través da Concellería de Deportes e coa inestimable colaboración dos clubs locais, iniciou o pasado venres 17, este ciclo baixo o hashtag #Porriñodeportenacasa. Coa participación dos preparadores e técnicos dos diferentes clubs porriñeses, ofrecemos diversas rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades.Nas catro entregas anteriores foron Ana Alonso, preparadora física do Balonmán Porriño , Xoel Souto, da U.D. Atios, Mary Artós e Ana Cristina Oya, do Club Patín Porriño, os encargados de darnos diferentes pautas de mantemento físico. https://youtu.be/yl2Axh3AQO8
O goberno municipal de O Porriño poñerá en común cos grupos políticos do consistorio unha proposta de orde do día para un vindeiro pleno da corporación, a fin de acordar as liñas de actuación que o Concello vai despregar na desescalada para axudar aos sectores máis sensibles da economía local. Este acordo adoptouse hoxe na reunión de Comité Municipal de Seguimento do "Covid-19" que presidiu a alcaldesa e no que participaron todos os membros do goberno municipal coligado PSOE/BNG e os voceiros dos grupos políticos PP, EUSON e UDDL. Eva García de la Torre manifestou ao remate da reunión "síntome honrada de presidir esta corporación e comprobar que todos os grupos políticos deron hoxe a medida da súa responsabilidade e capacidade que se agarda de nós nunha situación desta gravidade". "Con independencia das críticas que son obxectivas, o ton común foi construtivo e de apoiar todas as medidas que sexamos quen de aprobar todas as medidas que adoptemos para apoiar aos sectores máis golpeados por esta crise, conscientes de que temos que evitar que logo veña unha pandemia económica que prexudique o que tiñamos acadado polo crecemento do municipio".A proposta que elaborará o goberno porriñés será levada a comisión informativa municipal para conseguirse con todos os grupos e definir a orde do día dun vindeiro pleno da Corporación "no que acordaríamos medidas para afrontar a desescalada", engadiu García de la Torre. A alcaldesa apela á importancia de "crear un fondo económico mediante modificacións orzamentarias para facer fronte as axudas que deberemos prestar aos sectores máis endebles", rematou Eva García.
O Concello do Porriño anuncia que mañá domingo 26, co motivo de ser o primeiro día que se autoriza saír aos nenos de ata 14 anos acompañados dun adulto, vai repartir 1.500 máscaras de protección de tela. Trátase doutra partida das máscaras feitas por mulleres da vila, que de xeito voluntario e altruísta, están a confecciona-las. Hai de dous tipos: unhas estampadas con motivos infantís e outros de cor negra coas cintas elásticas doutras cores. Son reutilizables e lavables a 60 graos. Despois da súa esterilización foron envasadas hoxe por un grupo de voluntarios no Concello. Eses voluntarios axudarán aos axentes da Policía Local e de Protección Civil a facer o reparto, tanto polo centro urbano de Porriño como tamén en Torneiros e noutras parroquias do concello. Por outra banda, esta tarde continuará o reparto de máscaras de protección para adultos. Concretamente, un milleiro máis, segundo informa a Policía Local.
Hoxe cursouse a convocatoria do Comité Municipal de Seguimento do “Covid-19” que vai celebrar reunión presencial o vindeiro luns 27, ás 12,30 horas, no salón de plenos do Concello do Porriño.A orde do dia establece 3 asuntos. Primeiramente o goberno municipal dará conta das medidas que está a levar a cabo nos diversos eidos para combater a pandemia e para apoiar a economía local. En segundo lugar, a Comisión tratará das propostas que os grupos políticos da Corporación fagan para implementar polo Concello do Porriño. O derradeiro punto serán rogos e preguntas. Nesta reunión, a alcaldesa levará a proposta de a proposta de acordar unha modificación orzamentaria. Segundo anunciou o pasado mércores Eva García, consiste “en destinar achegas e partidas orzamentarias que non se empregarán, por exemplo, en eventos deportivos ou festivos, para manter as axudas por emerxencia social nos colectivos máis castigados polo confinamento, e tamén, empregar eses cartos en inxectar liquidez na economía local, pequeno comercio e hostalaría especialmente, para axudarlles a remontar a crise”, segundo manifestou. Os acordos aos que se chegue serán trasladados a un pleno da corporación municipal. A alcaldesa poñerá en común cos voceiros dos grupos políticos a data e o xeito de celebrar esa vindeira sesión plenaria.Este Comité, presidido por Eva García de la Torre está formado por Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde; Lourdes Moure, segunda tenente de alcalde concelleira de Seguridade e Persoal; Sergio Casal, concelleiro de Limpeza, Medio Ambiente e Tráfico; Cami Moreira, concelleira de Igualdade e Xuventude; Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local e Jesús Gónzalez Pexegueiro “Carrola”, responsable de la agrupación de Protección Civil. Tamén forman parte os voceiros dos grupos municipais da Corporación, un representante dos traballadores do Concello e un representante do persoal sanitario do Centro de Saúde.
David Alonso, concelleiro de Servizos Sociais chama á poboación a contribuír coa campaña "Veciño Solidario" na que participa O Porriño xunto con outros corenta concellos galegos.
Hoxe, xoves 23 de abril, celebramos o Día Internacional do Libro. Pero temos que facerllo dende a casa. Así que o departamento de Cultura do Concello e a Biblioteca Municipal lembran a oferta de contidos, lecturas e recursos on line que están a ofrecervos para facer máis levadeira esta corentena.http://ecultura.net/suxerencias-da-biblioteca-municipal/
Hoxe dez voluntarios comezaron a envasar a seguinte remesa de máscaras de protección que o Concello do Porriño vai distribuír entre a poboación, casa por casa e tamén nos establecementos que poden estar abertos. En total é unha partida de 13.000 máscaras. O traballo realizase no salón de plenos do Concello e continuará durante os vindeiros días. O concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso que participou nestas tarefas quixo destacar a colaboración dos alumnos do curso de "Cross-fit" do ximnasio local "Jovhe Sport". Esta mesma tarde reanudarase o reparto porta a porta con dous grupos. Un deles distribuirá polo centro urbano e o outro pola parroquia de Torneiros. Nos vindeiros días continuara o envasado e reparto de máscaras polo Concello.Estas máscaras de protección son de tela, lavables a 90 graos e reutilizables. Están confeccionadas por mulleres de O Porriño grazas ás doazóns de tecido que recibiron. Antes do seu envasado, foron esterilizadas. No envase aparece unha pegatina co logo do Concello do Porriño e instrucións para o seu uso e conservación. E lembrase a importancia de seguir mantendo a distancia de seguridade entre persoas (metro e medio a dous metros) e de lavarse asiduamente as mans.
Publicamos hoxe a cuarta quenda quenda do ciclo de vídeos de #Porriñodeportenacasa. Ana Cristina Oya, segunda adestradora do Club Patín Porriño, amósanos unha sinxela clase de baile para axudarnos a facer exercicio e levar mellor a corentena.Lembramos que o Concello, a través da Concellería de Deportes e coa inestimable colaboración dos clubs locais, iniciou o pasado venres 17, este ciclo baixo o hashtag #Porriñodeportenacasa. Coa participación dos preparadores e técnicos dos diferentes clubs porriñeses, ofrecemos diversas rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades.Nas tres entregas anteriores foron Ana Alonso, preparadora física do Balonmán Porriño , Xoel Souto, da U.D. Atios e Mary Atós do Club Patín Porriño, os encargados de darlles pautas de mantemento físico.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Xuventude, expresa o seu apoio ao concurso "Celebra con nós o Día do Libro", promovido pola Xunta de Galicia. Desde a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, organizouse un sorteo na canle de Instagram de Xuventude: @XuventudeGalicia (#DíaDoLibro).
Eva García, alcaldesa de O Porriño poñerá en común cos voceiros dos restantes grupos políticos da corporación, a proposta de acordar unha modificación orzamentaria para destinar fondos e partidas que non van a empregarse en axuda social aos máis desfavorecidos e apoio aos sectores económicos máis sensibles do municipio.A proposta do goberno municipal consiste en destinar achegas e partidas orzamentarias que non se empregarán, por exemplo, en eventos deportivos ou festivos, para manter axudas por emerxencia social nos colectivos máis castigados polo confinamento, e tamén, empregar eses cartos en inxectar liquidez no tecido do pequeno comercio e hostalaría para axudarlles a remontar a crise. A alcaldesa trasladará esta proposta aos grupos políticos na vindeira reunión da Comisión Municipal Especial de Seguimento do Covid-19 que volverá a reunirse o vindeiro luns 27. Nesa reunión, o goberno municipal tamén informará aos voceiros dos restantes grupos da corporación, das medidas despregadas ata de agora polo Concello en materia de limpeza, desinfección, achegas de axudas alimentarias e económicas á poboación en risco de exclusión e outras accións en diferentes eidos. Asimesmo nesa reunión, goberno e grupos comezarán a estudar como pode ser a desescalada a nivel local segundo as pautas que marquen tanto o Goberno Central como a Xunta de Galicia. Finalmente, na reunión de Comisión de Seguimento do Covid-19, alcaldesa e grupos acordarán a data e o xeito de celebración dun pleno da corporación municipal. Decidirase se é presencial coas medidas de hixiene e aloxamento precisas ou ben telemática. O Concello do Porriño dispón do programa “Séneca” (o mesmo que ten o Parlamento de Galicia, por exemplo) que permite a celebración de sesións telemáticas. E por outra banda, a Deputación Provincial implementou o sistema “Xestiona” para que os concellos pontevedreses poidan celebrar reunións “on line” dos seus órganos de goberno.
Publicamos hoxe a terceira quenda do ciclo de vídeos de #Porriñodeportenacasa. Mary Artos, primeira adestradora do Club Patín Porriño, amósanos exercicios para a columna e zona lumbar para o mellor coidado das nosas costas.Lembramos que o Concello, a través da Concellería de Deportes e coa inestimable colaboración dos clubs locais, iniciou o pasado venres 17, este ciclo baixo o hashtag #Porriñodeportenacasa. Coa participación dos preparadores e técnicos dos diferentes clubs porriñeses, ofrecemos diversas rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades.Nas dúas primeiras entregas foron Ana Alonso, preparadora física do Balonmán Porriño e Xoel Souto, da U.D. Atios os encargados de darlles pautas de mantemento físico aos nosos maiores para mellor levar o confinamento. https://youtu.be/RZRrufkRNkU
Esta mañá, a factoría do grupo "Coren" no Porriño fixo entrega dunha nova doazón de produtos ao Concello para o Banco de Alimentos "SOS Porriño". Esta achega, como outras procedentes de empresas da contorna, adquiren unha importancia moi grande debido ao incremento de demandantes de axuda alimentaria na vila, a consecuencia de prolongarse o estado de alarma. David Alonso, concelleiro de Servizos Sociais, persoal de Protección Civil e voluntarios do Banco de Alimentos recolleron os lotes que un camión de "Coren" trasladou ata o almacén de "SOS Porriño".