Novas achegas de alimentos de empresas da contorna para socorrer o aumento de familias en risco de exclusión

Diversas industrias alimentarias e empresas de distribución fixeron entrega ao longo da semana de lotes de productos que sumaron máis de 20 toneladas recibidas no banco de alimentos “SOS Porriño”. Estas achegas permitiron atender o aumento da demanda de axuda que rexistraron os Servizos Sociais do Concello do Porriño. Segundo estimacións deste departamento, “a cifra habitual de 150 familias máis necesitadas que temos normalmente no Porriño, duplicouse a consecuencia da paralización económica co confinamento”, explicou David Alonso, concelleiro de Asuntos Sociais.

Entre onte venres e hoxe sábado recibironse na sede de “SOS Porriño” as doazóns de “Coren” que entregou 500 kilos de conservas e “Gadis” que aportou media tonelada de fariña e azucre. O luns será “Distribucións Froiz” quen aporte 1.000 kilos de arroz e a industria “Ceamsa” patrocine a entrega de 300 botes de cacao instantáneo. E “Nova Pescanova” repetirá aportación de 250 kilos de productos elaborados de peixe e marisco conxelado.Todas estas doazóns súmanse ás recibidas dende o luns pasado entregadas pola antedita “Nova Pescanova” así como por “Eurobanan” e “Noribérica”. Ademais da entrega semestral da Cruz Vermella que mandou un camión con 20 toneladas de alimentos non perecedoiros.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos