A Concellería de Cultura renova a "Programación para pasar unha corentena" cun xogo de coñecemento sobre O Porriño e unha mostra colaborativa de videos

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, incorpora novas propostas á “Programación para pasar unha corentena” que puxo en marcha hai dúas semanas. Tratase dun xogo a realizar pola Internet contestando preguntas sobre o nivel de coñecemento de Porriño, e dunha mostra colaborativa de videos, a través da participación cidadá, sobre cómo están a vivir estes días, titulada “Amosa a túa corentena”.Segundo explicou a concelleira Cami Moreira, “dende o Concello do Porriño e o departamento de Cultura que dirixo, seguimos porfiando nunha programación para pasar esta corentena con propostas que resulten atraentes”. "Tanto co xogo de coñecemento sobre O Porrriño que é interactivo como coa mostra de video 'Amosa a túa corentena', mediante a que cedemos o protagonismo á cidadanía para compartir todas aquelas ideas e recursos imaxinativos que nos axuden a pasar este confinamento”, segundo valorou a concelleira Moreira Fontán. Para o xogo, a través dun enlace na web do departamento de Cultura do Concello (www.ecultura.net) accedese ao cuestionario formado por preguntas tipo test con varias opción de resposta. Versan sobre historia, edificios, tradicións e cultura do Porriño.

http://ecultura.net/xogo-de-nivel-de-conecemento-sobre-o-porrino/

No que atinxe á mostra colaborativa de videos, apelase á participación cidadá. A Concellería de Cultura convida á veciñanza para que bote unha man a alixeirar este confinamento. As regras e instruccións para poder participar e mandar os videos ao departamento de Cultura do Concello, explicanse na web www.cultura.net http://ecultura.net/amosa-a-tua-corentena/

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos