A Alcaldesa, Eva Garcia firmou un novo decreto que inclúe á sección xuvenil masculina do Porriño Industrial entre os equipos de categoría nacional que poden adestrar e competir -aínda que sen público- pese ás actuais restricións.
O Concello do Porriño expresa o seu pesar pola morte do atleta Alejandro Gómez e traslada as súas condolencias aos seus familiares e amigos. Sufría unha grave enfermidade que acabou hoxe coa súa vida, aos 53 anos. Este atleta, alcumado como "Galgo de Zamans" acudía regularmente a Porriño e mantivo fortes lazos coa comarca da Louriña.Alejandro Gómez foi o principal referente do atletismo na área de Vigo e un exemplo para xeracións de atletas do Porriño e doutros concellos.Gómez foi un dos mellores atletas españois na décadas dos oitenta e dos noventa, presente en tres Xogos Olímpicos (Seúl 88, Barcelona 92 e Atlanta 96) e gañador de infinidade de probas.
O Concello anuncia que o vindeiro luns 1 de febreiro haberá un corte de subministro de auga en Torneiros, Trátase de traballos de mantemento da rede de abastecemento, a cargo do Consorcio de Augas do Louro.Afectará aos edificios das fases 2, 4 e 5 do polígono de vivendas de Torneiros; tamén aos colexios "Antonio Palacios" e CPI da Ribeira; ao centro de educación especial de "Aceesca"; á escola infantil da rede "Galiña Azul" e, finalmente. ao Centro de Día, dependente do Consorcio Galego de Igualdade. A estimación é que o corte de subministro sexa entre as 10 horas da mañá e as 12 do mediodía.
O pleno da Corporación Municipal do Porriño aprobou, na sesión de onte, a Ordenanza Reguladora do Uso das Terrazas, cos votos a favor do PSOE, BNG, EU SON e UDDL. O PP abstívose.
Eva Garcia firmou hoxe o decreto da Alcaldía de adxudicación dos contratos para a renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior que se executaran en diversas zonas do termo municipal. Tanto en núcleos do Porriño como das parroquias de Chenlo, Cans, Torneiros, Atios e Mosende.
O goberno municipal do Porriño presenta ao Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra catro proxectos que “apostan pola humanización das rúas e polo aumento da rede de saneamento nas parroquias”, segundo explicou Pedro Pereira, concelleiro de Infraestruturas.
O Concello do Porriño suspenderá temporalmente o mercado ambulante durante as tres vindeiras semanas, segundo acordou hoxe a Comisión Municipal de Seguimento da Covid. Tamén durante ese período de tempo pecharanse os parques infantís e os recintos culturais, sociais e deportivos, conforme ás restricións que acordou a Xunta de Galicia e vixentes ata o 17 de febreiro.
O goberno municipal porriñés levará mañá mércores (13 h.), á consideración da Comisión de Seguimento da Covid, varias propostas entre as que cabe subliñar unha suspensión temporal do mercado ambulante. Sería efectiva a partir do vindeiro 2 de febreiro e por espazo de tres semanas, a mesma marxe de tempo que a Xunta de Galicia establece para que teñan efecto as medidas que entran en vigor este mércores.
As novas medidas anunciadas polo presidente da Xunta para frear a expansión da pandemia en Galicia terán unha duración de 3 semanas como mínimo. É dicir, ata o 17 de febreiro.Son de aplicación no Porriño e en todos os demais concellos galegos