Nun acto celebrado esta mañá nas instalacións da Biblioteca Municipal, Lourdes Moure, concelleira de Educación, fixo entrega ás directoras das garderías do agasallo habitual de Nadal para os nenos e nenas, consistente en material didáctico.
O piloto porriñés, Yago Martínez, proclamado por segundo ano consecutivo, campión de España sub 18 de motocross, agradeceu persoalmente ao Concello do Porriño o apoio recibido na tempada que acaba de rematar. Yago recibiu a través do contrato de patrocinio que asinou co Concello, unha achega de 3.000 euros en 2020.
O último número da revista mensual "Carta Local", editada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), publica un extenso informe baixo o título "Municipios de vacinas" no que eloxia o papel protagonista do Porriño e da fábrica "Biofabri "na produción dunha das vacinas contra a pandemia actual.
As Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán este martes 5 de xaneiro, de xeito presencial, aos nenos e nenas do Porriño que queiran falar con eles. Os Reis Magos atenderán en dúas quendas, pola mañá entre as 12 e as 14 horas, e pola tarde de 17 a 20 horas, no auditorio exterior do Centro Cultural Municipal onde está habilitada unha zona de recepción.
A Concellería de Educación e a OMIX do Porriño, informan que os nenos e nenas que forman o Consello Municipal de Infancia e Adolescencia do Porriño acordaron incrementar as sesións de traballo neste novo ano 2021. Foi un dos acordos acadados na última reunión telemática celebrada o pasado mércores, na que avaliaron o traballo realizado ao longo de 2020.Os membros do Consello Municipal da Infancia e Adolescencia do Porriño decidiron tamén aumentar o intercambio de experiencias con outros consellos da Infancia de concellos veciños como Redondela e Tomiño. O traballo do Consello Municipal da Infancia e Adolescencia do Concello do Porriño pódese seguir na súa páxina de Instagram @infanciaporrino
A ampliación en 60 minutos (de 17 a 18 horas) do horario de apertura dos establecementos de hostalería e restauración do Porriño, como no resto de poboacións que teñen un nivel medio-alto de restricións debido á pandemia, entrará en vigor mañá día 30.A decisión tomouna a Xunta de Galicia logo de consultar co comité clínico.
A Corporación Local do Porriño celebrará este mércores 30, a partir das 18:00 horas, o último pleno municipal do ano 2020. É a sesión ordinaria de decembro, con dez puntos na orde do día.
Este mes de decembro a distribución de alimentos levouse a cabo entre o 17 e o 22 con entrega a domicilio, realizada por voluntarios que colaboran co Banco de Alimentos SOS Porriño e por voluntarios da Asociación de Protección Civil.
A Consellería de Sanidade comunicou ao Concello que O Porriño continúa coas mesmas restricións que tiña. Non hai cambios despois da reunión de avaliación que mantivo o comité clínico coa Xunta.