MÁIS DE 600 FAMILIAS DO PORRIÑO APUNTARONSE PARA QUE OS SEUS FILLOS RECIBIRAN UNHA VIDEO CHAMADA DOS REIS MAGOS

 - Este mércores, O Apalpador percorrerá a zona peonil

602 familias rexistráronse ata hoxe, último día do prazo, para que os seus fillos reciban unha videochamada dos Reis Magos, unha iniciativa do Concello do Porriño, organizada pola Concellería de Festas e Cultura, de acordo cos protocolos de seguridade que veñen obrigados pola pandemia.

"Este ano 2020, debido á alerta sanitaria motivada pola Covid-19, e sabendo que os Reis Magos tamén se modernizan, o Concello facilita que as Súas Maxestades de Oriente se poñan en contacto coa rapazada a través de vídeo chamada", segundo explicou Cami Moreira, concelleira responsable.

Ademais, tendo en conta a posibilidade de que algunhas familias non poidan ter acceso a internet, o Concello fará chegar á vivenda indicada e no día acordado, un dispositivo electrónico para poder facer a conexión da vídeo chamada.

Visita do “Apalpador”

Por outra banda, a Concellería de Cultura lembra que este mércores 30, a partir das 19 horas, "O Apalpador" estará no Porriño. Percorrerá a zona peonil para saudar e falar cos nenos do porriñés para contarlles como é a vida na alta montaña e as súas marabillosas lendas.

A visita do Apalpador realízase coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.