A Ordenanza de terrazas aprobada polo Concello regulará a ocupación de espazos públicos

O pleno da Corporación Municipal do Porriño aprobou, na sesión de onte, a Ordenanza Reguladora do Uso das Terrazas, cos votos a favor do PSOE, BNG, EU SON e UDDL. O PP abstívose.

Entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO). A partir desa data, establecerase un prazo de regularización de tres meses.

Na exposición de motivos xustifícase que “O Concello do Porriño precisa dispor dunha Ordenanza Reguladora de ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras cuxa finalidade é establecer os criterios básicos para a instalación de terrazas anexas aos establecementos de hostalería. Dita ordenanza intenta dar resposta ás novas necesidades e costumes da cidadanía, así como a novas demandas por parte do sector da hostalería. É evidente que nos últimos anos proliferou a ocupación do espazo público con terrazas vinculadas a establecementos de hostalería que non só favoreceu aos empresarios que as explotan, senón que tamén fomentan a relación social e potencian a actividade económica en xeral”.

A Ordenanza regula a ocupación de espazos públicos e non supón modificación da taxa fiscal.

A Ordenanza determina que non poderán instalarase terrazas nin en soportais nin en beirarrúas de anchura inferior a 3 metros. Entre as prohibicións que recolle a Ordenanza aprobada, non se permiten altofalantes ou calquera outro aparato difusor de son. Permítense televisores si teñen apagado o son.Permitirase a instalación de calefactores móbiles ou aparellos análogos sen exceder o espazo autorizado para ocupar coa terraza. A súa instalación estará suxeita a licenza, que poderá solicitarse conxuntamente coa da terraza ou con posterioridade á mesma. Estes aparellos non necesitarán de ningún tipo de instalación fixa.

Sombrillas e toldosPoderán instalarse sombrillas como elementos auxiliares da terraza: deberán ser pregables e desmontables, sen que se permita a súa suxeición ao pavimento mediante calquera clase de anclaxe. O voo das sombrillas, a altura respecto do chan e a publicidade que luzan, tamén estarán regulados nesta Ordenanza. Permitirase a instalación de mamparas móbiles e a súa altura non poderá ser inferior a 1 metro nin superior a 1.5 metros, sendo polo menos os 50 cm superiores de material transparente. Estes elementos colocaranse sen realizar anclaxes ao pavimento e situáranse dentro do espazo autorizado a ocupar a terraza. Tamén permitiranse a instalación de toldos, ou cubertas impermeables ao chan da vía pública sen ningunha fixación ao mesmo e sen posibilidade de pechar os laterais ou frontal do espazo cuberto.Ademais a Ordenanza determina características do mobiliario, horarios de funcionamento e recollida, condicións de limpeza e recollida e un réxime de sancións por infraccións por ruídos ou outros motivos.

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.