As comisións informativas municipais de Urbanismo, Igualdade e Economía prepararán a orde do día do próximo pleno da corporación local que abordará como asunto máis relevante a creación do fondo de axudas económicas directas para hostaleiros, comercio e autónomos afectados pola crise derivada da pandemia.
O Concello de Porriño e "Aceesca" asinaron hoxe a cesión de uso temporal da aula de restauración existente no Multiusos Municipal de Torneiros para unha formación práctica de alumnos do centro de educación especial.
María Gracia Paniccia, presidenta do Porriño Industrial, acompañada de Mario López, coordinador de fútbol base, asinou hoxe co concelleiro de Deportes, David Alonso, o acordo de axuda municipal para este club consistente nunha subvención de 60.000 euros.
Eva García de la Torre solicitou unha reunión con Francisco Conde, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía da Xunta de Galicia para tratar o desenvolvemento do planeamento urbano e do tecido industrial no concello do Porriño. A alcaldesa pretende abordar co responsable autonómico cuestións comúns ás dúas administracións relacionadas co presente e futuro do Porriño.
A concelleira de Vías e Obras de Porriño, Lourdes Moure e o seu homólogo de Salceda, Miguel González acordaron hoxe dar unha solución máis integral ao problema das inundacións que se produce en Budiño.
A primeira edición da obra "A cámara escura", de José Luis Baños, gañadora da III edición do Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais, realizada pola Editorial Galaxia, presentouse hoxe no Concello do Porriño.
Hoxe celebrouse a presentación da tempada 2021 do equipo "La Sal Cocinas Louriña" en Porriño, xunto á escultura que honra a Oscar Pereiro, gañador do Tour de Francia do 2006. Este club, nacido en 2020, ten 110 licenzas e 5 equipos en categorías elite e menos de 23 homes e mulleres; en xuvenís femininas; en BTT-XCO e na categoría máster (veteranos).
A alcaldesa, Eva García e o primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira reuníronse con Natalio Rodríguez, director xerente do centro de procesamento "Frigolouro-Coren" nas instalacións deste grupo industrial no Porriño.Na reunión abordáronse temas comúns nun clima de diálogo amigable e colaboración mutua. A representación municipal aproveitou a reunión para agradecer ao xerente a colaboración permanente que mantén "Frigolouro-Coren" co Banco de Alimentos "SOS Porriño" con achegas periódicas de produtos cárnicos que se distribúen entre as persoas máis necesitadas do municipio. A alcaldesa tamén recoñeceu a cooperación de Frigolouro coas accións de formación e promoción de emprego levadas a cabo polo Concello a través de" Porremprego ".
A concelleira de Obras, Lourdes Moure, en compañía do enxeñeiro e o responsable das obras municipais, acudiu hoxe a Rego da Lama-Casal en Budiño para comprobar sobre o terreo as inundacións de fincas próximas ás instalacións da empresa "Amazon".
O Concello do Porriño súmase este xoves 11 de febreiro á celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, baixo o lema (en inglés) “No more Matildas”.
O Concello do Porriño adhírese ao convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a transferencia de información tributaria, na loita contra a fraude fiscal. Así mesmo, o intercambio de información entre a Autoridade Tributaria de Galicia e os concellos abrangue outros ingresos de dereito público para a concesión de axudas, subvencións e contratación coa administración.A adhesión foi acordada e asinada pola alcaldesa Eva García quen informará desta resolución no próximo pleno da corporación municipal porriñesa.