O Porriño acollerá este 22 de marzo unha nova edición da 10K onde se espera que batan récords

O prazo de inscripción estará aberto ata o 16 de marzo pero está a piques de chegar ao límite dos 1.500 dorsais
Haberá premios para record, podium e tamén carreira de chupetes e pitufos

Porriño 12 de marzo de 2026.- O Porriño volve ser o epicentro do atletismo galego coa celebración da Carreira “O Porriño 10K”, que de novo percorrerá a vila en dúas modalidades: 5K e 10K. Esta cita volve facer do Templete de Antonio Palacios o punto neurálxico deste deporte, xa que alí entregaranse as medallas e os premios, este ano demais cun importe total de record: repartiranse 3.100 € entre os tres primeiros clasificados e tamén ao primeiro atleta masculino e feminino que logre bater o record da proba nas súas respectivas categorías. Este premio consistirá en 500 € e será un recoñecemento destacado ao logro deportivo.

Precisamente neste espazo, no templete, fíxose a presentación oficial dunha proba que, asegura o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, “será de novo un referente no atletismo coa participación confirmada da elite do fondo e medio fondo galego”, coa presenza confirmada na categoría feminina da internacional francesa, afincada en Ponteareas, Alice Finot (R.C. Celta Atletismo), clara candidata á consecución deste record. É campioa de Europa 2024 en 3.000 m obstáculos, onde bateu o record europeo, e foi cuarta na mesma proba nas Olimpíadas de París 2024; tentará acadar no Porriño o record feminino (33'18"). “Vendo o estado de forma no que estivo Finot nos Xogos Olímpicos, onde fixo record de Europa en obstáculos, a marca de 33:18 está claramente ao seu alcance se as condicións meteorolóxicas acompañan”.

Tamén está confirmada Uxía Pérez (OYSHO Running), que acadou podium xa na OP10K 2025.

Ademáis, destacaba o presidente do Club Atletismo Porriño,  Miguel Novo Regueira,  a  presencia nun espléndido estado de forma do etíope, gañador da edición pasada e posuidor do actual récord, Serbessa Workneh Fikire ( Atletismo Narón) Amadeo Aba l(CD. Surco Lucena), Pablo Otero (Bikila), Carlos Porto (Ximnastica Pontevedra),  todos eles en disposición de correr os 10mil por debaixo dos 30' e que tentarán asaltar o récord da proba (29'09")

Ambos apremiaban aos deportistas a anotarse canto antes porque aínda que o prazo de inscripción está aberto ata o 16 deste mes de marzo, están moi preto de alcanzar os 1.500 dorsais que será o tope de participantes nesta cita. Hai xa 1.300 inscritos.

A proba

A proba OP10K de 10.000 metros, realizarase xuntamente coa proba  de 5.000 metros no centro urbano do Concello do Porriño.

Inscricións

A inscrición realízanse a través da web de Champion Chip Norte (https://ccnorte.com)

Todas as notificacións realizaranse a través da web de Championchip e da web do Club Atletismo Porriño, sendo responsabilidade do corredor revisar o seu contido para estar ao tanto da proba

Haberá tamén   carreira de pitufos e chupetes, pero neste caso non se require de proceso de inscrición e poderán participar na mesma presentándose na liña de saída á hora estipulada. Estas dúas carreiras non serán cronometradas.

Horarios

  • Chupetes e Pitufos (de 2019 en adiante): Dende as 12:10h (50m - 100m).
  • Menores (Sub10, Sub12, Sub14): A partir das 10:00h (1.000m - 2.000m).
  • 5K (Cadete, Xuvenil e Absoluta): Saída ás 11:00h (1 volta).
  • 10K (Sub23, Absoluta e Veteranos): Saída ás 11:00h (2 voltas).

Premios

Premios por clasificación en categorías masculina e feminina:

Récord da proba: 500€ para o primeiro home e muller que batan a marca.

1º Posto: 500€

2º Posto: 350€

3º Posto: 200€


NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-05 at 09.15.16.jpg
Campaña do Día do Pai 2026 para impulsar o comercio local con dúas tarxetas regalo MOREA
A iniciativa desenvolverase do 12 ao 22 de marzo e permitirá ás persoas participantes optar a dúas tarxetas regalo de 100 euros