A choiva non freou hoxe aos/as mini atletas do Porriño! Preto de 40 nenos/as de entre 4 e 10 anos disputaron hoxe a proba para cativos que abre o cada ano o Tríatlon Concello do Porriño.
A segunda xornada da I Mostra de ciencias na rúa do Porriño ACIENCIACERTA arrancou hoxe co pregón da madriña, Verónica Salgueiriño Maceira. “Verónica é a primeira muller científica homenaxeada, a primeira de moitas”, indicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “E a primeira tiña que ser, por suposto, unha porriñesa”.
Chegou o día no que as rúas do Porriño enchéronse de ciencia! Esta mañá arracou ACIENCIACERTA, a I Mostra de ciencias na rúa/openscience, organizada polo Concello do Porriño co patrocinio de Zendal.
A Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA) organizou, coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello do Porriño e o Club Porriño Baloncesto Base (PBB), a Copa Galicia de Baloncesto Adaptado Xogo 2024, que tivo lugar hoxe no pavillón municipal de deportes da vila.
Este sábado O Porriño convertirase na capital galega do Tríatlon cunha das súas probas estrela. O Concello do Porriño, coa colaboración do Concello de Tui, organiza este sábado a novena edición do Tríatlon Concello do Porriño.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, recibiron na Casa Consistorial aos integrantes dos equipos senior masculino e feminino do Porriño Baloncesto Base (PBB). A esta recepción acudiron tamén Icía Alcalde, presidenta do PBB, Julio Bernárdez, técnico de Deportes do Concello do Porriño e presidente da Federación Galega de Baloncesto.
O Porriño vestirase de flores para celebrar o día de Corpus Christi o vindeiro domingo 2 de xuño. Máis de 20 voluntarias levan preparando durante semanas os tapices florais que decorarán os 290 metros que separan a igrexa Santa María do Porriño da praza do Arquitecto Antonio Palacios, máis de 900 m2 de arte floral na rúa.
A vila do Louro celebra este ano o 150 aniversario do nacemento do seu ilustre veciño, Antonio Palacios, e a organización da II Carreira de Empresas e XIII Interrunning non o queren pasar o alto.
Xa está aberto o prazo de inscipción para o II Concurso Drag Queen do Porriño Orgulloso, organizado polo Concello do Porriño, que se celebrará o vindeiro 28 de xuño con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+.
Ao longo dos matinais do Festival de Cans, preto de 250 estudantes dos colexios do Porriño pasarán pola sección “Cans do futuro”, que ten como obxectivo achegar aos máis novos ao cinema e coñecer máis de cerca o Festival e a aldea de Cans.
A nova Sala de Exposicións Antonio Palacios será pronto unha realidade. Este museo no que se mostrará, a través de diferentes pezas a traxectoria profesional e persoal do arquitecto porriñés, abrirá as súas portas este ano no marco do ano `Antonio Palacios. Patrimonio do Porriño´.