Uns 200 estudantes de 6º de Educación Primaria do Porriño visitaron as instalacións da escola de motociclismo do IKERIC RACING Sport Galicia. Foron un total de seis visitas nos días 17, 18 e 19 de xuño organizadas pola concellería de Educación xunto coa propia escola deportiva, coa finalidade de acercar o motociclismo á rapazada e despertar o interese nesta disciplina deportiva.
Esta mañá 141 escolares do Porriño deron o pistoletazo de saída a Porrigalia coa súa particular PrePorrigalia, unha festa infantil que chega xa á súa terceira edición, organizada polas concellerías de Cultura e Educación.
O Concello de Porriño ten autorizadas 16 fogueiras para festexar a noite de San Xoán, o vindeiro domingo 23 de xuño. Unhas celebracións cheas de tradición e, tamén, de seguridade, para garantir unha velada coas menos incidencias posibles.
O novo desafío de ‘Eureka Reto Rural’ ten nome e apelido: Antonio Palacios. O arquitecto será o gran protagonista do escape room do Porriño, escenario da sexta proba desta iniciativa posta en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, un produto turístico diferente e orixinal co que achegar ao público ao territorio a través de xogos de escapismo temáticos ao aire libre, de forma dixital, de balde e para todos os públicos.
O Concello de Porriño ride homenaxe ao Grupo Zendal pola súa traxectoria e labor social otorgándolle o I Premio Antonio Palacios á Empresa. A entrega dos premios terá lugar mañá ás 21.00 horas, durante a ceremonia de celebración do centenario da Casa Consistorial.
Centos de ciclistas volverán rodar no Porriño na gran Volta ao Val. O domingo 16 de xuño disputarase a cuarta edición do Gran Premio Concello do Porriño Élite e Sub-23, organizado polo Club Master da Louriña en colaboración co Concello do Porriño e a Deputación de Pontevedra.
O Concello de Porriño recoñece o labor e os éxitos do Club Balonmano Porriño co I Premio Antonio Palacios ao Deporte, que será entregado o vindeiro sábado día 15, durante a celebración do centenario da Casa Consistorial.
O Concello do Porriño anunciou hoxe os gañadores do Premio Antonio Palacios ao Social, un recoñecemento compartido entre a Rondalla de Pontellas e a Rodalla Santa Eulalia de Atios.
Porrigalia 2024 xa está en marcha. A celebración, organizada polo Concello do Porriño, terá lugar o venres 12 e o sábado 13 de xullo. O Porriño encherase de galos, romanos, castrexos, exipcios e gregos, que desfilarán polas rúas da vila e competirán nos seus populares xogos.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado polo deputado provincial de Cultura, Jorge Cubela, e a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, presentou hoxe a programación coa que o Concello do Porriño celebrará o centenario da súa Casa Consistorial, e o seu prato forte, a convocatoria da primeira edición dos Premios Antonio Palacios.
As condicións meteorolóxicas, coa choiva ameazando con irromper e un vento que facía especialmente complicado o tramo no río, fixeron que este IX Tríatlon Concello do Porriño se convertera dunha das edicións máis dura ata o momento.