Este xoves volve ao Porriño a Feira do Libro de Galicia, que ata o domingo aglutinará diferentes actividades culturais no barrio de San Bieito e contará coa participación de diversos escritores de renome, coma o porriñés Xulio Teixeira.
Como parte das actividades conmemorativas do “Ano Palacios”, con motivo da celebración do centenario da Casa Consistorial e no 150 aniversario do nacemento do arquitecto, o Concello do Porriño organiza un concurso de pintura rápida “Pintando a Palacios” que terá lugar o vindeiro 15 de xuño.
A Interrunning Club e o Concello do Porriño organizan a a II Carrera de Emrpesas-XIII Interrunning, unha fusión de eventos que se desenvolverá o domingo 6 de outubro.
O Porriño dá a benvida á primavera coa popular Festa dos Maios esta fin de semana. A praza do Arquitecto Antonio Palacios e a parte peonil da rúa Ramón González engalanaranse coas formacións florais desde o venres ata o domingo e serán o escenario de actuacións musicais e de danza o vindeiro sábado.
O Club Master Louriña presentou hoxe ao seu equipo feminino, o Kiwi Atlántico-Craega. Ao acto de presentación acudiron o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, o presidente do Club Master Louriña, Juan José Álvarez, a directora nacional do equipo, Sonia Pariente, e o responsable do principal patrocinador Kiwi Atlántico, Rafa Pérez
O club de lectura da Biblioteca Municipal do Porriño volve celebrar este ano o Día do Libro e o Día das Letras Galegas dun xeito moi especial: con varias actividades en aberto que enlazarán as dúas festividades, a do 23 de abril e a do 17 de maio, nun programa que leva como título Do Libro ás Letras.
A Feira Apícola Rías Baixas chega á súa trixésimo sexta edición con máis forza ca nunca da man dun nutrido programa de actividades dirixidas tanto aos maiores como aos cativos da casa, que nos convidan a vivir unha doce e diferente fin de semana no Porriño.
Xa non queda nada para o XXI Festival de Cans e o Concello do Porriño xa vai quentando motores. Co fin de promover o certame, dende a concellería de Cultura, que dirixe Bienvenido Estévez, lánzase unha nova edición da novela de Carlos Meixide, Cans, que ten como escenario o festival e a aldea que lle da nome.
O mundo do running ten unha cita no Porriño o vindeiro domingo 28 de abril nunha nova edición da 'Porriño 10k'. O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, presentaron a XV edición da proba a pé de pista, xunto cunha nutrida representación de directiva, equipo deportivo e atletas do Atletismo Porriño.
O ciclismo de montaña volverá a ser protagonista no Porriño da man da AD Avanza que este ano organiza xa a sétima edición do Trofeo Mini BTT Concello do Porriño e a cuarta do Trofeo XCO Concello do Porriño.
O Porriño acollerá este mes un acontecemento cultural de primeira orde reunindo nunha mostra todas as viñetas humorísticas que Laxeiro publicou na prensa, concretamente nos xornais El pueblo gallego e Faro de Vigo, nos anos 1928, 1929 e 1930. Durante estes anos o humor gráfico galego vivía unha época dourada e Laxeiro foi un dos seus estandartes.