O Concello de Porriño e "Aceesca" asinaron hoxe a cesión de uso temporal da aula de restauración existente no Multiusos Municipal de Torneiros para unha formación práctica de alumnos do centro de educación especial.
O Concello do Porriño súmase este xoves 11 de febreiro á celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, baixo o lema (en inglés) “No more Matildas”.
Este mes de decembro a distribución de alimentos levouse a cabo entre o 17 e o 22 con entrega a domicilio, realizada por voluntarios que colaboran co Banco de Alimentos SOS Porriño e por voluntarios da Asociación de Protección Civil.
Este mércores, nas instalacións de "Porremprego", entre as 9 e as 12 do mediodía, terá lugar o reparto de regalos para nenos e nenas de ata 12 anos das familias máis desfavorecidas do concello.
O Concello rematou hoxe o pagamento mediante transferencia bancaria da segunda e última quenda de axudas económicas directas concedidas pola administración municipal pola Covid. Abonáronse en total 84.589 € entre autónomos e micro empresas do Porriño que se acolleron á convocatoria municipal.
Esta mañá operarios do Concello e o concelleiro delegado de Servizos Sociais recolleron nos colexios do Porriño os donativos de alimentos e produtos de hixiene infantil que centos de nenos e nenas entregaron nos seus respectivos centros docentes coa ocasión do "#GivingTuesday" ("Martes de dar").
A alcaldesa, concelleiros do goberno municipal e de todos os grupos políticos da corporación porriñesa participaron hoxe a mediodía nunha concentración silenciosa en repulsa polo crime machista de onte en Gondomar. Os representantes municipais do Porriño expresaron deste xeito a súa condena polo asasinato de Soledad Rey Valverde, acoitelada polo seu marido no domicilio familiar.
A casa consistorial do Concello do Porriño luce esta noite en verde coa iluminación artística realizada coa ocasión de conmemorarse o 3 de decembro o Día das Persoas con Discapacidade. Con este motivo, a consistorio tamén lucía desde onte, no balcón principal unha lona realizada polas persoas usuarias de ACEESCA
A casa consistorial do Concello do Porriño, luce desde hoxe unha lona realizada polas persoas usuarias de ACEESCA coa ocasión de conmemorarse o 3 de decembro o Día das Persoas con Discapacidade. Con este motivo, mañá iluminaremos a fachada do concello en verde.
O "Grupo Coren" vai realizar unha doazón ao Banco de Alimentos "SOS Porriño" para este Nadal con varios lotes de produtos, despois das xestións realizadas polo concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso. De entrada recibíronse onte un cargamento de 200 capóns conxelados, cun peso medio de 5 quilos cada un, que se distribuirán co reparto de lotes de alimentos que se fará en decembro. Agárdanse, ademais, que en vindeiras datas cheguen outros lotes de produtos da empresa cárnica.
O almacén do Banco de Alimentos "SOS Porriño" recibirá esta tarde unha achega de 4.500 quilos de produtos non perecedoiros, grazas á doazón de 5.000 euros realizada pola "Fundación La Caixa".Esta achega constitúe unha axuda moi importante para o Banco de Alimentos de cara ao reparto de decembro. Actualmente "SOS Porriño" está a distribuír lotes de alimentos entre 430 familias do municipio o que supón que unhas 1.300 persoas que son beneficiarias directas.
A proxección da película galega "Trote", dirixida por Xacio Baño, que terá lugar este venres 27, no Centro Cultural Municipal, rematará a programación da Concellería de Igualdade coa ocasión do #25N Día Internacional contra a violencia de xénero.