#25N: A proxección do filme "Trote" rematará este venres a programación da Concellería de Igualdade

A proxección da película galega "Trote", dirixida por Xacio Baño, que terá lugar este venres 27, no Centro Cultural Municipal, rematará a programación da Concellería de Igualdade coa ocasión do #25N Día Internacional contra a violencia de xénero.

"Trote" relata o rol da muller como coidadora que non atopa o xeito de saír dun ambiente opresivo

Haberá dous pases (18,30 e 20,30). Cada un deles cun aforo restrinxido de 30 persoas que deberán inscribirse previamente por correo electrónico no enderezo cultura@oporrino.orgAínda está aberta a inscrición.Más información nesta ligazón

http://ecultura.net/proxeccion-do-filme-trote-de-xacio-bano/