B46B0809.jpg
A Alcaldesa celebra o consenso e colaboración amosadas por todos os grupos para afrontar a crise
O goberno municipal de O Porriño poñerá en común cos grupos políticos do consistorio unha proposta de orde do día para un vindeiro pleno da corporación, a fin de acordar as liñas de actuación que o Concello vai despregar na desescalada para axudar aos sectores máis sensibles da economía local. Este acordo adoptouse hoxe na reunión de Comité Municipal de Seguimento do "Covid-19" que presidiu a alcaldesa e no que participaron todos os membros do goberno municipal coligado PSOE/BNG e os voceiros dos grupos políticos PP, EUSON e UDDL. Eva García de la Torre manifestou ao remate da reunión "síntome honrada de presidir esta corporación e comprobar que todos os grupos políticos deron hoxe a medida da súa responsabilidade e capacidade que se agarda de nós nunha situación desta gravidade". "Con independencia das críticas que son obxectivas, o ton común foi construtivo e de apoiar todas as medidas que sexamos quen de aprobar todas as medidas que adoptemos para apoiar aos sectores máis golpeados por esta crise, conscientes de que temos que evitar que logo veña unha pandemia económica que prexudique o que tiñamos acadado polo crecemento do municipio".A proposta que elaborará o goberno porriñés será levada a comisión informativa municipal para conseguirse con todos os grupos e definir a orde do día dun vindeiro pleno da Corporación "no que acordaríamos medidas para afrontar a desescalada", engadiu García de la Torre. A alcaldesa apela á importancia de "crear un fondo económico mediante modificacións orzamentarias para facer fronte as axudas que deberemos prestar aos sectores máis endebles", rematou Eva García.
PHOTO-2020-03-15-19-58-39.jpg
O Concello acordará unha modificación orzamentaria para destinar fondos á axuda social e tamén para apoiar ó pequeno comercio e á hostalaría
Eva García, alcaldesa de O Porriño poñerá en común cos voceiros dos restantes grupos políticos da corporación, a proposta de acordar unha modificación orzamentaria para destinar fondos e partidas que non van a empregarse en axuda social aos máis desfavorecidos e apoio aos sectores económicos máis sensibles do municipio.A proposta do goberno municipal consiste en destinar achegas e partidas orzamentarias que non se empregarán, por exemplo, en eventos deportivos ou festivos, para manter axudas por emerxencia social nos colectivos máis castigados polo confinamento, e tamén, empregar eses cartos en inxectar liquidez no tecido do pequeno comercio e hostalaría para axudarlles a remontar a crise. A alcaldesa trasladará esta proposta aos grupos políticos na vindeira reunión da Comisión Municipal Especial de Seguimento do Covid-19 que volverá a reunirse o vindeiro luns 27. Nesa reunión, o goberno municipal tamén informará aos voceiros dos restantes grupos da corporación, das medidas despregadas ata de agora polo Concello en materia de limpeza, desinfección, achegas de axudas alimentarias e económicas á poboación en risco de exclusión e outras accións en diferentes eidos. Asimesmo nesa reunión, goberno e grupos comezarán a estudar como pode ser a desescalada a nivel local segundo as pautas que marquen tanto o Goberno Central como a Xunta de Galicia. Finalmente, na reunión de Comisión de Seguimento do Covid-19, alcaldesa e grupos acordarán a data e o xeito de celebración dun pleno da corporación municipal. Decidirase se é presencial coas medidas de hixiene e aloxamento precisas ou ben telemática. O Concello do Porriño dispón do programa “Séneca” (o mesmo que ten o Parlamento de Galicia, por exemplo) que permite a celebración de sesións telemáticas. E por outra banda, a Deputación Provincial implementou o sistema “Xestiona” para que os concellos pontevedreses poidan celebrar reunións “on line” dos seus órganos de goberno.
a138ee62-8132-4152-8f59-d61fb6b8c367.jpg
Segue o zafarrancho de limpeza e desinfeccións polas parroquias.
O Concello continúa con persoal propio e da empresa concesionaria realizando tarefas de limpeza e desinfeccións, seguindo as instruccións do comité municipal de seguimento polo estado de alarma a causa da pandemia polo coronavirus. 
d4f9ff6d-1225-47d5-8e12-bf64da76b6c1.jpg
Precintaranse os contenedores de roupa por falta de garantías sanitarias pola actual pandemia
Sergio Casal, concelleiro de Limpeza e Medio Ambiente informou hoxe que van ser precintados os contenedores de roupa e calzado "debido á falta de garantías sanitarias" segundo determinouse dacordo coa empresa responsable de ese servizo. A empresa informou ao Concello que neste intre non poden garantir as condicións de hixiene.
cea8b35a-1cc0-41d2-a7cd-8c4c8d1d4862.jpg
Hoxe continuou o zafarrancho de limpeza e desinfección por Atios, Mosende, Pontellas e Torneiros
O zafarrancho de limpeza e desinfección iniciasdo o venres en Porriño centro, conitinuou hoxe polas parroquias de Atios, Mosende, Pontellas e Torneiros. 
B46B6463.jpg
Zafarrancho de limpeza e desinfección en rúas, mobiliario urbano, edificios oficiais e supermercados
Conforme as instruccións do Comité Municipal de Seguimento creado polo Concello do Porriño polo estado de alarma a causa do coronavirus, hoxe realizouse un zafarrancho de limpeza e desinfección en diversos puntos do casco urbano e tamén en Torneiros.
PHOTO-2020-03-16-14-09-42.jpg
Alerta coronavirus: constituído comité de seguemento no Concello presidido pola alcaldesa
Eva García, alcaldesa de O Porriño presidiu hoxe luns a constitución do Comité de Seguemento pola alerta do coronavirus que xa adoptou as primeiras medidas.
IMG_5084.jpg
Porriño adxudica a "Urbaser" o contrato de limpeza viaria e acorda adherirse ao Programa contra Velutina
Por maioría, a Corporacion local do Porriño acordou hoxe volver a adxudicar o contrato de limpeza viaria que agora será unha concesión que desempeñará a empresa “Urbaser S.A”. O acordo adoptouse con 14 votos favorables (PSOE+PP+EuSon+UDDL) e as abstencións dos dous concelleiros do BNG. Tan só faltou ao pleno, o voceiro de EU Son, Pedro Ocampo.
Fachada-Concello-de-Porriño.jpg
O Porriño celebrará pleno extra o venres 6
O Porriño vai celebrar este venres 6 (ás 13 horas) un pleno extraordinario da corporación local para acordar, entre outros asuntos, a adxudicación do servizo de limpeza viaria, despois dun longo procedemento. Asimesmo nesta sesión, a corporación acordará adheririse ao Programa Galego contra a Velutina e, finalmente, realizará o habitual sorteo para a composición das mesas electorais co gallo dos comicios autonómicos do vindeiro 5 de abril.
IMG_3979.jpg
Xunta de Goberno Local acordou adxudicar a "Covsa" as obras de humanización en rúa Doantes
A Xunta de Goberno Local acordou hoxe aprobar a adxudicación definitiva á empresa constructora “COVSA” para que execute a mellora de seguridade viaria na rúa Doantes, cun orzamento de perto de 500.000 euros. Nesa partida incluense ampliación de beirarruas, a realización dunha rotonda, o cambio da parada dos buses escolares e outras actuacións complementarias de humanización. A adxudicataria dispon ata xuño para realizar ditas obras.
Fachada-Concello-de-Porriño.jpg
EU Son e BNG proporán ó pleno que o Concello de O Porriño apoie a manifestación en defensa da sanidade pública
Entre as comisións informativas municipais que se van celebrar este mércores para preparar o vindeiro pleno, engadiuse a convocatoria da Comisión de Asuntos Sociais na que os grupos municipais de EU Son e BNG presentan sendas mocións en defensa da sanidade pública.
IMG_1628.jpg
O Concello do Porriño abre un novo prazo para a presentación de solicitudes para composteiros individuais
Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza comunicou que xa está aberto un novo prazo de presentación de solicitudes para aqueles veciños interesados en recibir un composteiro individual para vivendas unifamiliares.