O Concello do Porriño garante que manterá con normalidade a recollida do lixo no termo municipal, a través da empresa concesionaria “Ascan” como ven de facer ó longo desta semana, a pesares dos problemas de indisponibilidade que afectan á planta de transferencia de “Sogama” ubicada no Polígono Industrial de A Granxa.
Oitenta composteiros individuais para vivendas unifamiliares serán repartidos próximamente a través do Concello do Porriño para extender a compostaxe nesta vila. Esta mañán persoal do “Plan Revitaliza” da Deputación Provincial fixo unha acción informativa e de recollida de solicitudes de composteiros, a través dun stand que montou na praza Arquitecto Antonio Palacios en colaboración co Concello. Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente compartiu cos mestres composteiros as explicacións ós interesados en coñecer as vantaxes da compostaxe.
A corporación local do Porriño aprobou ata tres mocións diferentes para expresar a súa preocupación pola situación de emerxencia climática que terá expresión na participación o vindeiro venres na Xornada Mundial contra o Cambio Climático. Escolares e estudantes de todos os centros de ensino do Porriño concentraránse ante o consistorio a mediodía e contarán coa adhesión do Concello.
Esta mañan a alcaldesa Eva García firmou e comunicouse a convocatoria da Comisión Municipal previa ó Pleno da Corporación Local de Porriño. A comisión informativa convocada é a de Parques, Xardíns, Limpeza, Industria e Mercados. Reuniráse o venres 20, ás 19 horas.
O Goberno Municipal de Porriño co apoio da maioría da corporación “garante o pagamento ós empresarios e proveedores de Porriño fronte á política de atrancos do PP que ainda non asumiu que non gobernará este concello neste mandato”, manifestou Eva García, alcaldesa da vila.
Operarios da firma "Ascan", concesionaria do servizo de limpeza viaria executan esta mañán o desbroce nas beirarrúas da recta das Gándaras, seguindo instruccións do concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal.
No que vai de verán, retiraronse no Porriño perto dun centenar de niños de velutinas tanto no centro urbán como nas diferentes parroquias do termo municipal en concidencia ca época estival.
Por outra banda, David Alonso tamén desmintiu outra información viciada difundida hai unhas horas polo PP que tén afirmado que os traballadores de “Ascan” non tiveran cobrado ainda a nómina de xullo”.
O Goberno Municipal de Porriño dispon de informes internos que acreditan que a empresa adxudicataria está a realizar axeitadamente as tarefas de desbroces que o Concello lle adxudicou despis de gañar o concurso público.
O Concello de Porriño colabora cunha importante achega económica na celebración das Festas da Virxe da Guía en Atios que arrancaron o pasado sábado e rematarán o xoves.A cooperación do Concello traducese na aportación de palcos, contenedores, vallas, banda de música e labouras previas de desbroce que realizaron as Concellerías de Festas e Limpeza. Unha representacióm do goberno municipal asistirá o 15 de agosto ós actos centrais da festividade. Este ano a comisión organizadora deu a campana coa contratación do dúo "Camela" que actuarán a partires das 22 horas.
A Alcaldesa Eva García iniciou cunha reunión nas instalacións de "Nueva Pescanova" no polígono de As Gándaras, unha rolda de visitas ás principais empresas radicadas en Porriño que vai desenrolar ó longo deste mandato.
Fernando Baena, xerente da Oficina do Catastro para a provincia de Pontevedra, reuniuse hai uns días coa alcaldesa Eva García, membros do equipo de goberno e staff técnico do Concello para prantexar “a urxente necesidade de abordar unha revisión dos valores catastrais no termo municipal”.