Axentes da Policía Local encargáronse de vixiar o cumprimento da normativa autonómica nas visitas aos cemiterios da vila coa ocasión do Día de Todos os Santos
O Concello do Porriño comeza a partir de hoxe xoves, 1 de outubro, a realizar as desinfeccións diarias dos colexios públicos e das dúas escolas infantís segundo os protocolos anti-covid. Trátase dunha competencia impropia que o Concello realiza pero que non lle corresponde. De xeito que, como outros concellos limítrofes (Gondomar ou Nigrán), realizase polo axuntamento que despois facturará os gastos á Xunta de Galicia que é a administración que ten esa competencia. A Concellería de Educación que dirixe Lourdes Moure decidiu asumir esas tarefas de desinfección “xa que ante todo, os nenos e nenas son porriñeses e o Concello non vai permitir que estean en situacións de risco”, manifestou. A tal fin, realizouse un contrato menor para que unha empresa, “Limpezas Cíes”, faga a diario esas desinfeccións nas zonas comúns dos colexios públicos e da escola unitaria de Mosende así como nas “Galiñas Azuis” de Torneiros e rúa Doantes de Sangue. A vixencia do contrato é ata mediados de decembro, ata que comecen as vacacións de Nadal nos centros de ensino.
Unha achega de 3.000 unidades de máscaras de protección enviadas polo Goberno de España segundo o acordo acadado coa FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias), chegaron hoxe ao Concello do Porriño.
Lourdes Moure, concelleira de Educación informou hoxe ás asociacións de nais e pais de alumnos da vila e aos representantes dos grupos municipais da corporación, dos preparativos para o regreso ás clases. Moure Varela trasladoulles os acordos que se adoptaron o pasado mércores, nunha reunión previa coas direccións dos colexios e institutos porriñeses. A concelleira lembrou ás “anpas” o compromiso acadado coas direccións dos centros docentes de que o Concello realizará con medios propios unha primeira desinfección intensiva das respectivas instalacións antes do inicio do curso en cada nivel, “aínda que non se trata dunha competencia propia do Concello”, recordou Lourdes Moure.Tamén Lourdes Moure garantiu ás anpas que trasladará á actual empresa encargada da limpeza dos centros docentes, o establecido pola Xunta de Galicia no protocolo anti-covid que determina dúas quendas de limpeza diarias dos baños e zonas comúns. Esta cobertura será posteriormente asumida pola empresa que resulte gañadora da licitación municipal actualmente en curso para cubrir este servizo.Por último, a concelleira informou ás “anpas” que segundo acordou cos directores, manteran nos centros os routers e tarxetas de conexión á Internet que o Concello contratou durante o estado de alarma para evitar a fenda dixital entre o alumnado. Agardarase ata comprobar como discorren as primeiras semanas do curso ecolar. Como novidade acordouse que as “anpas” pasen as súas inquedanzas ás direccións de cada centro para o primeiro día de clases pois a concelleira, xunto cos directores dos centros e a Policía Local prepararán a semana que ven un dispositivo de seguridade para os vindeiros días 10 e 11, cando comezarán Infantil, Primaria e Educación Especial. Ademais dos representantes das respectivas “anpas”, asistiron ao encontro, celebrado no salón de sesións cos necesarios protocolos anti-covid, as concelleiras Carolina Gónzalez, polo PP; Cami Moreira, polo BNG e Patricia Sío, de EU SON, que próximamente tomará posesión do seu escano na corporación. Disculpou a súa ausencia o concelleiro, Manuel Carrera da UDDL.
O goberno municipal do Porriño acadou o respaldo da maioría da corporación para iniciar o expediente de contratación do servizo de recollida e transporte do lixo. O novo contrato que comeza a prepararse contempla tamén que o futuro adxudicatario se faga cargo doutros residuos domésticos e asimilables así como da xestión do ”Punto Limpo” do concello.
A empresa “Narom S.L.” que se fixo cargo dende o pasado luns 17 da recollida do lixo no Porriño, subrogará aos traballadores que prestaban este servizo coa anterior empresa, “Ascan”. Este foi o compromiso acadado hoxe xoves, despois dunha reunión mantida polo goberno municipal co empresario. Encontro que presidiu a alcaldesa Eva García e no que participaron tamén Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde, e Sergio Casal, concelleiro delegado de Limpeza e Medio Ambiente. A continuación, tanto Eva García como Sergio Casal comunicaron o acordo acadado aos traballadores e ás representacións sindicais de CIG e UXT. A alcaldesa explicou que “a pesares de que o contrato non puido ser licitado aínda, prevalece o establecido no Estatuto dos Traballadores que garante o dereito á subrogación. Polo tanto a empresa que se fai cargo agora da recollida do lixo manterá a plantilla preexistente segundo esiximos”, manifestou Eva García. A rexidora lembrou que “dende a Alcaldía sempre amosamos unha postura inflexible a favor de que os traballadores tiñan que ser subrogados a pesares de que estamos ante un contrato que aínda non se licitou pola súa complexidade e dificultades legais que xurdiron”. Os sete traballadores do servizo iniciaran onte concentracións de protesta diante do Concello para reclamar a subrogación que hoxe remataron nada máis coñecerse o acordo. Non obstante, as reunións entre empresa, traballadores a representación sindical continuarán esta tarde para rematar outros aspectos do acordo.
Esta semana, na porta de acceso principal ao Multiusos de Torneiros, está a proba unha cabina anti-Covid desarrollada por “Ramecq”, unha empresa do Porriño.
Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza comunicou hoxe que a partir de mañá mércores día 22 ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes para aqueles veciños e veciñas interesados en recibir un composteiro individual para vivendas unifamiliares.
A suma de votos da maioría da corporación municipal do Porriño, co voto de calidade do alcalde accidental, rexeitou a proposta do Partido Popular e aceptou a contraproposta do grupo EU SON para analizar no seu conxunto toda a facturación pendente do Concello do Porriño. Acordouse que esa análise inclúa tanto as facturas da conta 4/13 como aquelas que están pendentes porque carezan de partes de traballo, outras deficiencias ou tiveran sido rexeitadas polo sistema “Face”.
A empresa “Urbaser” comezou hoxe, dende as sete da mañá, a prestar o servizo de limpeza viaria no concello do Porriño. A nova concesionaria subrogouse o persoal da anterior, comprometeuse a aumentar maquinaria e tamén as frecuencias de de limpeza, en especial en Torneiros, segundo precisou Sergio Casal, concelleiro responsable.O cambio fora acordado pola corporación municipal nun pleno extraordinario celebrado na primeira semana de marzo (antes da declaración do estado de alarma). Aprobouse cos votos favorables de PSOE, PP, EU SON e UDDL e coa abstención dos dous concelleiros do BNG.A re-adxudicación deste contrato baseouse nunha resolución da Mesa de Contratación do Concello, a raíz dunha sentencia do Tribunal de Contratación Administrativa de Galicia.
Lembramos que pódese acadar por teléfono, chamando ao número 986 335 000 e solicitando cita.Ou a través desta páxina web, na pestana "sede electrónica" (non é necesario ter certificado dixital, só un correo electrónico), e seguir estas instrucións do proceso:Acceda á páxina web do concello (www.oporrino.org)Seleccione “SEDE ELECTRÓNICA”Seleccione “CITA PREVIA”Seleccione “Rexistro”Seleccione a axenda “Rexistro 1”Seleccione a data dispoñible que desexeSeleccione o horario dispoñible que desexeSeleccione “CONTINUAR”Adxunta-mos un gráfico para visibilizar as instrucións.
As imaxes corresponden ás tarefas de reparación de bancos, valados e outros elementos do mobiliario urbano do parque de Alba que están a realizarse no Multiusos de Torneiros, antes de o seu traslado e colocación nesa zona de lecer. O concelleiro de Parques e Xardíns, Sergio Casal supervisou eses traballos previos nos que están a participar persoal propio municipal e novos contratados a cargo do Plan Concellos da Deputación Provincial que están a incorporarse nestes días.