O 19 de outubro celébrase o Día Mundial contra o Cancro de Mama. Por este motivo, este martes, á noitiña, o edificio do Concello do Porriño ten unha iluminación especial en rosa claro, tanto na fachada principal como na lateral.
O edificio do Concello terá unha iluminación especial en catro datas conmemorativas nas próximas semanas. A OMIX do Porriño, xunto coa Concellería de Educación e a de Igualdade e Cultura, anunciaron estas accións reivindicativas para estas catro datas: o 19 de outubro, Día Mundial contra o cancro de mama; 24 de outubro, Día Internacional contra o Cambio Climático; o 20 de novembro, Día Universal da Infancia, e o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
A Piscina Municipal do Porriño recupera a normalidade no seu funcionamento coa incorporación de cursos e clases para diferentes grupos de idade, como consecuencia do alivio das restricións debidas á pandemia.Estes días habilitáronse as clases de iniciación á natación para bebés, dende os 6 meses ata os 18 meses. Do mesmo xeito, tamén se imparten clases de natación para nenos e nenas a partir dos 3 anos.
A Policía Local e a agrupación de Protección Civil do Porriño anuncian que mañá sábado día 2, realizarán cortes intermitentes de tráfico polo paso do evento ciclista "Grava & Polbo".Os cortes de tráfico están previstos entre as 9.30 e as 11.00 horas.O tramo afectado no Porriño por estes cortes será de 5 quilómetros de estradas desde o acceso de Herville á parroquia de Chenlo, baixando por Mosende ata chegar á estrada de Ribadelouro, xa no concello de Tui.Grava & Polbo é unha marcha ciclista non competitiva para bicis de grava. Este evento desenvolverase por estradas, pistas forestais e camiños da provincia. A saída e chegada situaranse na praza do Concello de Gondomar.
A Concellería de Festexos comunicou que, tendo en conta as previsións meteorolóxicas adversas para este sábado día 2, a final do Concurso "Trivium Porriño" trasladarase ao pavillón escolar "Fernández López".Pode asistir público, aínda que haberá aforo limitadoA final xogarase entre as 18:00 e as 20:30 horas coas catro parellas que vemos nas imaxes adxuntas, que obtiveron a súa clasificación nas quendas anteriores.Os gañadores acadarán un premio de 300 € para consumir no comercio e na hostalería locais. 200 € para segunda clasificada e 100 € para a terceira. "Trivium Porriño"é un xogo similar ao "Trivial" pero personalizado na nosa vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre Porriño. Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento.
A alcaldesa Eva García fixo un chamamento aos veciños e veciñas da área metropolitana de Vigo para que acudan o vindeiro domingo, 3 de outubro, a participar e gozar da Festa dos Callos en Porriño, que porá o broche final ás Festas do Cristo.
A parella formada por Silvia Fuentes e Angel Portela foi a cuarta e, polo tanto, a última en clasificarse para a final do xogo "Trivium Porriño"As catro parellas clasificadas, que vemos nas imaxes adxuntas, son as que competirán na gran final que se celebrará o vindeiro sábado 2 de outubro.Os gañadores acadarán un premio de 300 € para consumir no comercio e na hostalería locais. 200 € para segunda clasificada e 100 € para a terceira. "Trivium Porriño"é un xogo similar ao "Trivial" pero personalizado na nosa vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre Porriño. Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento.
A Concellería de Cultura e Festexos informa que, debido á mala previsión meteorolóxica desta fin de semana, se traslada o concerto das Tanxugueiras previsto para o domingo 26 de setembro ás 21 horas.
A Concellería de Festexos comunica que hai varios cambios de localización para diversos eventos das Festas do Cristo, debido ás previsións de mal tempo para hoxe e mañá.
A Concellería de Festexos informa que, debido á previsión meteorolóxica, decidiu cambiar o lugar onde se celebrarán as dúas próximas quendas de clasificación do xogo "Trivium Porriño", previstas para o venres 24 e o sábado 25. Terán lugar no pavillón do colexio "Fernández López" onde se instalará o escenario para o desenvolvemento das dúas probas. Haberá público con aforo limitado.
Esta fin de semana clasificáronse as dúas primeiras parellas nas probas de eliminación para acceder á final do concurso TRIVIUM PORRIÑO que terá lugar o sábado 2 de outubro