Festas do Cristo 2021: cambios de localización para varios eventos por previsión meteorolóxica adversa

A Concellería de Festexos comunica que hai varios cambios de localización para diversos eventos das Festas do Cristo, debido ás previsións de mal tempo para hoxe e mañá.

Indicamos algúns:

-as eliminatorias do concurso "Trivium Porriño": tanto hoxe, venres 24 como mañá, sábado 25, trasládanse ao pavillón escolar "Fernández López", á mesma hora (de 18 a 20.30 horas).

- Aprazamento do concerto "Classic Mitic" que non se celebrará esta noite. En breve comunicarase unha nova data.

- Pregón das Festas: trasládase á carpa da explanada "Roxy". Sábado 25, ás 13.00 horas.

- Concerto da Banda de Música Popular de Tui. Será na carpa da explanada "Roxy", despois do pregón. Arredor das 13:30 horas.

- VII Festival "Montando Cristo". Definitvamente aprazouse. Próximamente comunicarase nova data.

Hai outros cambios na localización dos eventos previstos para o domingo 26 que se poden consultar e actualizaranse na páxina web de Cultura.

Deixamos enlace.

https://ecultura.net/