Eva García, alcaldesa do Porriño sufriu esta mañán un accidente de tráfico cando se dirixía a Guillarei para asistir a unha reunión do Consorcio de Augas do Louro. Foi unha colisión lateral con outros dous vehículos cando realizaba unha manobra de adiantamento na Autovía A-55.
Santos Héctor Rodríguez, deputado delegado de Cooperación cos Concellos e as deputadas Iria Lamas e María Victoria Alonso visitaron hoxe as pistas de atletismo en construcción no polígono da Granxa. Esta obra é financíada pola Deputación cun orzamento de 1 millón de euros, a cargo do Plan Concellos 2018/2019.
No que vai de verán, retiraronse no Porriño perto dun centenar de niños de velutinas tanto no centro urbán como nas diferentes parroquias do termo municipal en concidencia ca época estival.
Trinta e cinco establecementos de hostelería de Porriño participarán na XXVI edición da Festa dos Callos. O certame gastronómico que organizan Concello de Porriño e a asociación empresarial Acipor terá lugar o 29 de setembro durante as festas patronais e constitue un dos principais reclamos para milleiros de visitantes que acuden nesas datas a Porriño.
David Alonso ultima diversas novidades para as Festas do Cristo que acollerán concertos, actuacións musicais itinerantes polos barrios e un autobús descapotable cunha banda de música que irá tocando e animando por todas as parroquias do termo municipal.
“Felicitamosnos de que a Xunta de Galicia empeza a moverse na dirección axeitada coa desexable ampliación do Centro de Saúde de Porriño pero ó tempo debemos lamentar de novo a falta dunha mínima cortesía institucional”, ven de declarar a alcaldesa Eva García.
O Concello de Porriño está en trámites a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a súa adhesión ó protocolo “Concellos Doing Businnes” que ten que levarse a pleno para a súa aprobación definitiva.
Por outra banda, David Alonso tamén desmintiu outra información viciada difundida hai unhas horas polo PP que tén afirmado que os traballadores de “Ascan” non tiveran cobrado ainda a nómina de xullo”.
Unha comitiva municipal encabezada pola alcaldesa accidental, Lourdes Moure visitou diversas dependencias do Multiusos de Torneiros para valorar sobre o terreo o posible traslado da base da Agrupación Local de Protección Civil de Porriño. Actualmente a base operativa da Agrupación atópase no polígono da Granxa onde teñen o seu almacén e todos os equipos de intervención.
O Goberno Municipal de Porriño dispon de informes internos que acreditan que a empresa adxudicataria está a realizar axeitadamente as tarefas de desbroces que o Concello lle adxudicou despis de gañar o concurso público.
O goberno municipal de Porriño lamenta a deslealdade institucional e as malas formas do conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia e do voceiro municipal do PP local que polo afán de protagonizar unha foto, traizoaron o procedemento que rixe as relacions entre institucions. Neste caso entre o Concello do Porriño e a devandita Consellería.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de confirmar ó Concello a concesión dunha subvención de 180.021 € para a realización do obradoiro de emprego denominado “Porriño Xove”. Dezaseis aspirantes serán seleccionados como alumnos traballadores nas seguintes especialidades formativas: a metade dos seleccionados cursarán atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións; e os outros oito seleccionados formaránse en operacións de gravación e tratamento de datos da Concellería de Emprego en Torneiros.