María Luisa Domínguez Gónzalez, directora xeral de Planificación e Proxectos do ADIF vén de confirmar que recibirá o vindeiro xoves 19 de setembro, ás 11 da mañán, á alcaldesa Eva García. A reunión en Madrid, froito das persistentes xestións do Concello de Porriño ante o Ministerio de Fomento, será para dar forma ó futuro convenio que posibilite executar o soterramento da vía férrea e eliminar o actual paso a nivel.
O Concello de Porriño, a través da Concellería de Festas, colabora e apoia a iniciativa dunha asociación que ven de instituír os premios “Cabezudos de Honra” que pretenden homenaxear en vida a veciños e veciñas pola súa traxectoria e exemplo social.
Os Concellos de Porriño e Tomiño, ambos declarados “Cidades Amigas da Infancia” pola UNICEF, van colaborar mutuamente en políticas para os nenos e nenas nos seus territorios. Así estableceuse despois dunha primeira reunión de traballo que mantiveron na casa consistorial porriñesa.
A XXI “Feira de Oportunidades Merca na Rúa”, o concerto musical da artista local Xoana, e as Festas da Risca e a Medieval no CRC que terán lugar durante este vindeiro fin de semana, marcan o inicio formal da programación festiva do mes de setembro organizada polo Concello de Porriño con motivo do Cristo, os festexos principais da vila.
A Alcaldesa Eva García e o concelleiro de Emprego, David Alonso mantiveron hoxe unha reunión de traballo con Eva Pérez, representante de “Amazon Logistics” e representantes de “Manpower”, firma que se encargará da selección de persoal que se iniciará en breve con motivo da inminente apertura do centro loxístico da multinacional en Porriño.
O Goberno Municipal de Porriño co apoio da maioría da corporación “garante o pagamento ós empresarios e proveedores de Porriño fronte á política de atrancos do PP que ainda non asumiu que non gobernará este concello neste mandato”, manifestou Eva García, alcaldesa da vila.
Un apretón de mans sellou o acordo entre Consellería de Sanidade e Concello de Porriño para que ambas administracións poñan o máximo empeño en axilizar prazos e execución da ampliación do Centro de Saúde da vila. O compromiso establece que en dous meses licitaráse a redacción do proxecto.
O Concello de Porriño a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) está a realizar no último cuatrimestre do ano unha serie de obradoiros en pro a fomentar o crecemento persoal das mulleres.
Vintecinco establecementos de Porriño e concellos limítrofes participarán na XXI edición de “Merca na Rúa, Feira de Oportunidades” que vai ter lugar o vindeiro fin de semana na zona peonil da vila.